Iniciar sesión: Acceso

Caderniños para a preparación das materias pendentes da ESO. Curso'18-19 (1ª metade)

Entregadas as versións en papel dos caderniños de pendentes na xuntanza convocada ao efecto, e dado que non se puido localizar a todos os alumnos matriculados así como para subsanar posibles extravíos, proporciónanse adxuntas copias da versión en documento portátil dos mesmos. Recórdase que calquera copia adicional se poderá solicitar na Conserxería do centro ou no despacho do propio Departamento.

Figuran adxuntos nesta entrada, as primeiras metades dos caderniños de pendentes elaborados no Departamento de Bioloxía e Xeoloxía que cada alumno entregará cumprimentados durante o vindeiro decembro, previamente aos exames de xaneiro, cumprindo os prazos indicados nunha entrada anterior. As materias pendentes con alumnado matriculado son:

1º ESO: Bioloxía e Xeoloxía (LOMCE)

2º ESO: Ciencias da Natureza (LOE)*

3º ESO: Bioloxía e Xeoloxía (LOMCE)

*Soamente para aqueles alumnos que teñan a pendente de hai dous anos ou máis.

AdxuntoTamaño
Caderniño pendentes 1º Bioloxía e Xeoloxía 1ª metade'18-19.pdf204.26 KB
Caderniño pendentes . 2º CC.Nat 1ª metade'18-19.pdf205.14 KB
Caderniño pendentes 3º Bioloxía e Xeoloxía 1ª metade'18-19.pdf912.73 KB

Eventos

« Xullo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031

Calendario de exames de Bacharelato

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Equipo de Convivencia e Mediación

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Contratos-Programa