SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA O CURSO ACADÉMICO 2024 - 2025 NA ENSINANZA SECUNDARIA PARA PERSOAS ADULTAS - ESA
O proceso de solicitude de admisión na ensinana secundaria de persoas adultas, ESA, está regulado nos artigos 24 e seguintes da Orde do 20 de marzo de 2018 pola que se regula a educación básica para as persoas adultas e se establece o seu currículo na Comunidade Autónoma de Galicia.
Nesta orde, no artigo 26.2, establécense que ¨Na modalidade presencial, o prazo de presentación de solicitudes será o comprendido entre o 1 e o 15 de xuño de cada ano, e o prazo de matriculación será o comprendido entre o 1 e o 8 de setembro para o primeiro cuadrimestre (Módulos I e III) e entre o 9 e o 19 de xaneiro para o alumnado de nova incorporación ao centro no segundo cuadrimestre (Módulos II e IV)¨.
DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA CURSAR A SOLICITUDE DE ADMISIÓN:
- Impreso de solicitude de admisión.
- Certificado de estudos (certificación académica do último curso agás se é do Módulo I).
- Copia do DNI.
- Copia da tarxeta sanitaria.
A documentación presentarase na Secretaría do centro en horario de 9:00 h a 14:00 h, de luns a venres, ou, tamén, os luns pola tarde en horario de 16:30 h a 18:00 h.
Teléfono de información do Centro: 886 110 513.