ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS DIXITAIS (ESO-BACHARELATO)
Está aberto o prazo para a inscrición do alumnado que solicita participar nas probas de acreditación de competencias dixitais, o cal rematará o próximo 11 de marzo.
Alumnado 4º ESO: o alumnado que obteña o título de graduada ou graduado na ESO recibirá o certificado que acredite o nivel de iniciación de competencia dixital. Este alumnado pode presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar coñecementos, habilidades e actitudes propias do nivel intermedio. Quen titule ou supere a proba específica, recibirá a certificación ComDix correspondente. Esta acreditación terá unha validez de 5 anos a partir da data da proposta de título da alumna ou alumno ou da realización da proba específica.
Alumnado Bacharelato: a obtención do título de bacharel acredita que a alumna ou alumno ten os coñecementos, habilidades e actitudes das áreas de dominio 1,2,3, e 5 do nivel intermedio. O alumnado matriculado en 2º de bacharelato poderá presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes propias da área de dominio 4 do nivel intermedio. No caso de que un alumno/a obteña o título de bacharel e ademais supere a proba específica da área de dominio 4 do nivel intermedio, recibirá a certificación ComDix que acredita o nivel intermedio.
O alumnado que desexe participar debe comunicalo ao equipo directivo para proceder á súa inscrición. Este alumnado debe estar matriculado en 4ºESO ou 2º Bacharelato.
- A proba específica que acredita a área de dominio 4 do nivel intermedio realizarase durante o mes de abril.
- A proba específica que acredita o nivel intermedio realizarase durante o mes de maio.
- As probas realizaranse no centro.
O alumnado que rematase a ESO nos cursos 2021/2022 ou 2022/2023 pode solicitar acreditación, de ter parcipado nun mínimo de 3 cursos no programa E-Dixgal.
Para máis información, pódese visitar a páxina https://competenciasdixitais.xunta.gal/index.html ou preguntando no propio centro.