Iniciar sesión: Acceso
11F: Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia
Enviado por admin o Ven, 02/02/2024 - 19:07
O vindeiro 11 de febreiro conmemórase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia e esta mañá tivemos connosco a Cristina Fernández, investigadora de Ciencias do Mar na Universidade de Vigo. Veu falarnos das mulleres referentes e/ou pioneiras nas áreas STEM e máis concretamente da súa carreira, "Unha carreira de ciencias cun toque feminista". O alumnado de 3º e 4º ESO tivo ocasión de coñecer un pouco máis o mundo do mar grazas a esta interesante charla.
Grazas, Cristina, pola túa visita e parabéns polo teu traballo!