"Emilia arrive à Paris" no Teatro Salesianos
O venres 19 de xaneiro, o alumnado de Francés de 3º ESO, 4º ESO, 1º e 2º Bach. asistiu a representación de “Emilia arrive à Paris” na Sala Salesianos de Vigo onde Transeduca organiza obras de teatro adaptadas en francés e protagonizadas por actrices e actores nativas/os.
Nun contexto no que os medios audiovisuais son os máis consumidos polos adolescentes, a compañía trouxo, nesta ocasión, unha historia da pequena pantalla cunha xove española que debe trasladarse a París por traballo. Alí, coñecerá xente nova e descubrirá novos costumes.
Como xa tivera un contacto coa trama e cos personaxes da obra, ou ben porque xa mirara a serie “Emily in Paris” ou polas actividades realizadas anteriormente na aula, o alumnado puido entender as diferentes escenas sen maior dificultade.
Ao rematar a representación, as actrices e actores deron a palabra ao alumnado e profesorado asistente que lles fixeron moitas preguntas sobre a montaxe da obra e as súas traxectorias persoais e profesionais.
E como non, despois de saciar a curiosidade cultural, tocáballe a quenda ao apetito.
Á falta de “cuisine française”, comida “internacional”. Un día é un día! Une fois de temps en temps, ça ne fait pas de mal!