No mes de outubro, chegan os concursos do EDLG!
Chega o outono, e con el os concursos do EDLG! Animádevos a participar!
"Toca cociñar!"
Convidámosvos a participar na III edición do noso concurso de doces. Debedes respectar as bases do concurso que indicamos a continuación:
Elabora un doce e decórao para que sexa máis vistoso. A temática é o Samaín.
- Copia nun papel a receita deixando ben claro cales son os ingredientes que empregaches. Por suposto, debes escribir en galego.
- Pensa nun seudónimo que che guste e anótao no mesmo papel onde escribiches a receita. O teu nome real só debe coñecelo a persoa que recolla os doces.
- O día de entrega será o venres 3 de novembro antes do 1º recreo. Terás que deixalo no lugar que se habilitará para iso. (podes preguntar en conserxería antes de entrar a 1ª hora).
- Durante o 1º e segundo recreo o xurado seleccionará os doces gañadores que recibirán premios.
Outono-Tea
Buscamos grandes fotógrafas/os!
- Fai unha foto que reflexe a beleza desta estación: o outono (non ten por que ser unha paisaxe, pode ser un obxecto, un detalle relacionado con esta estación… o que ti queiras)
- Pensa nalgunha frase, versos, ideas que che inspire esa foto que fixeches.
- Crea un documento no que achegues esas dúas cousas e envíao antes do venres 8 de novembro ao seguinte correo:
normalizacionvaldotea@gmail.com
- Recorda que debes empregar o galego.