Saídas didácticas
Unha semana de novas experiencias
Enviado por admin o Xov, 30/03/2023 - 19:00O noso alumnado xa percorre a xeografía europea!
O alumnado de 4º ESO e 2º Bacharelato está estes días percorrendo diversos lugares da xeografía europea. Desde Burgos ou Barcelona ata Londres, Roma ou París son as cidades que nestes días percorren. Só agardamos que a experiencia estea a ser tan agradable como indican as fotografías que nos envían!
Visita a MeteoGalicia
Enviado por admin o Xov, 15/12/2022 - 19:32Parte do alumnado de 2º Bacharelato e da ESA asistiron onte a unha sesión formativa sobre meteoroloxía e aparellos meteorolóxicos nas instalacións de MeteoGalicia (Santiago de Compostela). Aínda que o tempo non acompañou, a continuación puideron realizar unha visita guiada á catedral de Santiago da man da nosa profe de Xeografía e Historia, Lucía.
Visita a Aquis Querquennis e Celanova
Enviado por admin o Sáb, 29/10/2022 - 17:10Coñecendo a vila de Manuel Antonio e Castelao
Enviado por admin o Xov, 27/10/2022 - 21:45O alumnado de 2º de Bacharelado visitou este luns a vila de Rianxo e tivo a oportunidade de coñecer máis de preto a historia de Manuel Antonio e Daniel R. Castelao. Visitaron o Museo do Mar, a Casa Museo de Manuel Antonio e mentres a chuvia o permitiu realizaron un roteiro por diferentes espazos da vila.
Outro xeito de nos achergarmos á vida destes autores!
Saída de convivencia á Freixa
Enviado por admin o Mér, 12/10/2022 - 21:27O pasado mercores 5 de outubro o alumnado de 1º ESO e 3º PDC participaron nunha saída de convivencia á Freixa organizada polo EDLG e coa colaboración do departamento de Educación Física. As imaxes falan por si soas do ben que o pasaron os participantes!
VI FEIRA DAS ENSINANZAS PROFESIONAIS E ARTÍSTICAS
Enviado por admin o Xov, 17/02/2022 - 20:19No IES Val do Tea apostamos polo futuro profesional do noso alumnado. O 16 de febreiro, máis de 60 rapaces e rapazas de 3º ESO, 4º ESO e 2º Bacharelato acudiron a VI Feira das Ensinanzas Profesionais e Artísticas acompañados polo orientador do noso centro educativo.
Visita o Museo do Pobo Galego
Enviado por admin o Lun, 13/12/2021 - 00:27Un pequeno grupo de 1º de Bacharelato da materia Antropoloxía tivo a oportunidade de visitar o Museo do Pobo Galego, un lugar fermoso que recolle unha parte da nosa cultura e patrimonio.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4