Iniciar sesión: Acceso

Actividades

Torneo Intercentros

Despois de participar durante o 1º trimestre nos recreos deportivos, parte do noso alumnado participou o pasado mércores 20 de decembro no Torneo Intercentros organizado no Pavillón Álvaro Pino. Ben se lles ve na cara que non o pasaron nada mal!

Magosto 2023

Velaquí o tan agardado álbum de fotos do Magosto deste ano! 

 

Álbum: Curso 2023-24 -> Magosto 2023

Noela e Laura dan voz ao Val do Tea no Pleno da Infancia

Na mañá de hoxe tivo lugar no Concello o Pleno da Infancia. Unha vez máis, o noso centro foi moi ben representado por Noela e Laura. O tema a tratar eran os dereitos da infancia, e as nosas alumnas reclamaron unha maior atención desde o Concello para os rapaces e rapazas de Ponteareas que poidan ver os seus dereitos fundamentais vulnerados:

Velaquí un fragmento da súa exposición: 

"Pensamos que o Concello podería axudar a mellorar a situación destes nenos e nenas. Como?

- Asegurándose de que teñan cubertas as súas necesidades básicas (alimentación, medicamentos, roupa, material escolar,…)

- Controlando que non se lles prive do dereito á educación.

- Facendo un maior seguimento das familias e da súa situación, para asegurarse de que estes nenos e nenas vivan nun ambiente protexido."

Parabéns, Laura e Noela, polo voso esforzo! Foron horas preparando a intervención e o "mural dos dereitos".

Se tedes curiosidade, neste enlace podedes ver o pleno.

O Val do Tea, espazo de artistas

É ben sabido que Ponteareas é terra de músicos e músicas, polo que o Val do Tea non podía ser menos! Celebramos o Día da Música cun concerto organizado polo Equipo de Biblioteca, onde parte do noso alumnado amosou o seu talento.

Parabéns, rapaces e rapazas polo voso traballo!

Creamos conciencia medioambiental

O noso alumnado da ESO participou ao longo desta última semana de outubro nunha actividade de concienciación ambiental levada a cabo por parte do persoal de voluntariado do Concello. Nesta explicouse a importancia do coidado dos nosos ríos, apoiándose nunha escultura con forma de váter feita con toalliñas recollidas este verán no río Tea.

Despedimos o curso presumindo de artistas!

Os últimos días de curso foron intensos no centro! Nas imaxes podedes ver o compañeiro Pedro (Peri Helio), profe do departamento de Matemáticas, rematando o mural que levou adiante co alumnado de 3º ESO nun tempo récord! E tamén o resultado do mural feito polo alumnado de 1º Bacharelato nestes últimos días, baixo a supervisión de Marta, profe do departamento de Debuxo. 

Grazas, Pedro e Marta, pola vosa iniciativa!

Obradoiro de crêpes

O martes 6 de xuño, o alumnado de Francés de 2º ESO, 3º ESO, 4º ESO e 1º de BACH. participou nun obradoiro de “crêpes”.

Jérémy Thomas trouxo ao centro o seu food truck “La Marinière” e realizou co alumnado unha actividade lúdica e didáctica á vez. O alumnado descubriu información sobre a rexión francesa de Bretaña, practicou diálogos en francés e axudou a facer “crêpes” que logo degustou con diferentes recheos.

De la part des élèves et des enseignants participants, nous disons merci à Jérémy pour cette expérience enrichissante et pour ses crêpes qui sont une véritable délice.

MERCI JÉRÉMY

    

Graduación 4º ESO 2023

Compartimos convosco algunhas imaxes da celebración o pasado venres 16 de xuño do Acto de Graduación de 4º ESO.

Ao remate deste curso, estes rapaces e rapazas iniciarán unha nova etapa, algúns deixarán o noso centro, outros comezarán o Bacharelato, pero para todos eles e elas desexamos que sexa unha etapa tan fermosa como esta que rematan e que o futuro lles traia grandes experiencias.

Moita sorte a todas e todos!

Álbum: Curso 2022-23 -> Graduación 4º ESO (16/06)

"Portas que se abren", charla co alumnado de ACEESCA

O pasado venres día 2 de xuño o alumnado de 3º ESO tivo a oportunidade de charlar co alumnado de ACEESCA, unha asociación de utilidade pública sen ánimo de lucro, que contribúe a mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual. Sen dúbida foi un encontro moi enriquecedor no que o noso alumnado puido coñecer e entender máis de preto a realidade das persoas con discapacidade intelectual.

Graduación 2º Bacharelato 2023

Compartimos convosco este "pequeno" álbum fotográfico da celebración o pasado venres 19 de maio do Acto de Graduación de 2º Bacharelato. Desde o Equipo de Dirección do centro queremos felicitar o alumnado pola organización deste fermoso evento, xa que demostraron unha vez máis o traballadoras e traballadores que son. Así lles quedou de fermoso o acto!

Parabéns, rapazas e rapaces. Desexámosvos moita sorte nesta nova etapa que comezades. 

Álbum: Curso 2022-23 -> Graduación 2º Bacharelato (19/05)
Distribuir contido

Eventos

« Outubro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Calendario de exames de Bacharelato

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Equipo de Convivencia e Mediación

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Contratos-Programa

Plan Proxecta