Iniciar sesión: Acceso

Ciencias Naturais

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 2022-23 (cursos LOMCE)

Achégase a programación didáctica do departamento de Ciencias Naturais para os cursos LOMCE (2ºESO, 4ºESO e 2ºBAC)

COMPOSICIÓN DO DEPARTAMENTO 2022-23

  • María González (XD)
  • Laura Arranz
  • Fernando Goiriz

Instagram Club de ciencias

Neste enlace podedes seguir o Instagram do noso Club de ciencias

Adaptación dos Criterios de Avaliación á nova lei

Con motivo da publicación do RD 217/2022 que regula a avaliación do presente curso, foi necesario realizar algunhas modificacións dos criterios de avaliación que se adapten ao novo formato e  calendario de avaliación, como consta no PDF adxunto para este departamento.

PLAN PROXECTA PROXECTO RÍOS 2019/2020

O alumnado de 4º de ESO de ciencias e de Cultura científica do IES Val desenvolveu ao longo do curso 2019/2020 o proxecto ríos na praia fluvial A Moscadeira. Achégamos os resultados obtidos polo alumnado na inspección realizada en outono de 2019, e os resultados obtidos polo profesorado na campaña de primavera 2020. Como podedes comprobar a auga do ría Tea que chega a Ponteareas é de moi boa calidade.

 

RESULTADOS DO CUESTIONARIO “ALIMÉNTATE BEN XERMOLÓN” 2019/2020

Presentamos os resultados do cuestionario de hábitos alimenticios do plan proxecta “Aliméntate ben Xermolón” realizado polo alumnado e o profesorado do IES Val do Tea.

 

Agradecemos ao alumnado e ao profe de TIC de 1º de bacharelato o seu traballo!

 

Seguimento e avaliación das materias pendentes do departamento de Bioloxía e Xeoloxía durante a suspensión das clases pola pandemia do coronavirus

Debido á suspensión das clases, é necesario modificar as datas de entrega de boletíns e probas escritas para o seguimento e avaliación das materias de pendentes do departamento de Bioloxía e Xeoloxía.

Pode accederse á información específica para cada materia na aula virtual: https://www.edu.xunta.gal/centros/iesvaldotea/aulavirtual/

Pódese contactar coa profesora Lucía López responsable das materias de pendentes a través do correo electrónico: luciavaldotea@gmail.com

Caderniños para a recuperación das materias pendentes do curso 2018-19 (2ª metade)

Deixáronse as versións en papel dos caderniños de pendentes na Conserxería do centro.

Figuran adxuntos nesta entrada, as segundas metades dos caderniños de pendentes elaborados no Departamento de Bioloxía e Xeoloxía que cada alumno entregará cumprimentados durante o vindeiro decembro, previamente aos exames de xaneiro, cumprindo os prazos indicados nunha entrada anterior. As materias pendentes con algún alumno matriculado son:

1º ESO: Bioloxía e Xeoloxía (LOMCE)

2º ESO: Ciencias da Natureza (LOE)*

3º ESO: Bioloxía e Xeoloxía (LOMCE)

*Soamente para aqueles alumnos que teñan a pendente de hai dous anos ou máis.

Caderniños para a preparación das materias pendentes da ESO. Curso'18-19 (1ª metade)

Entregadas as versións en papel dos caderniños de pendentes na xuntanza convocada ao efecto, e dado que non se puido localizar a todos os alumnos matriculados así como para subsanar posibles extravíos, proporciónanse adxuntas copias da versión en documento portátil dos mesmos. Recórdase que calquera copia adicional se poderá solicitar na Conserxería do centro ou no despacho do propio Departamento.

Figuran adxuntos nesta entrada, as primeiras metades dos caderniños de pendentes elaborados no Departamento de Bioloxía e Xeoloxía que cada alumno entregará cumprimentados durante o vindeiro decembro, previamente aos exames de xaneiro, cumprindo os prazos indicados nunha entrada anterior. As materias pendentes con alumnado matriculado son:

1º ESO: Bioloxía e Xeoloxía (LOMCE)

2º ESO: Ciencias da Natureza (LOE)*

3º ESO: Bioloxía e Xeoloxía (LOMCE)

*Soamente para aqueles alumnos que teñan a pendente de hai dous anos ou máis.

Calendario de pendentes: prazos de entrega de caderniños da ESO e datas de exames

O presente curso 2018-19 hai alumnos coas seguintes materias pendentes, todas vencelladas ao departamento de Bioloxía e Xeoloxía: Bioloxía e Xeoloxía-1º ESO; Ciencias da Natureza-2º ESO e Bioloxía e Xeoloxía-3º ESO. Os caderniños para preparar cada unha delas poderanse descargar en entradas posteriores e as datas de entrega do caderniño resolto e dos exames son as seguintes:

Entrega de caderniños de exercicios resoltos (entrega no departamento):

1ª metade: venres, 14 de decembro de 2018.

2ª metade: venres, 15 de marzo de 2019.

Datas de exames (salón de actos / aula libre, segundo dispoñibilidade):

ESO

1º parcial: luns, 14 de xaneiro de 2019, ás 11:35

2º parcial: luns, 1 de abril de 2019, ás 11:35

Final: luns, 13 de maio de 2019, ás 11:35, no laboratorio *

Bacharelato

1º parcial: luns, 17 de decembro de 2018, ás 11:35

2º parcial: venres, 22 de marzo de 2019, ás 11:35

 

Final: xoves, 29 de abril de 2019, ás 11:35

Por razóns de operatividade, pode haber algún cambio na convocatoria ata unha semana antes de cada data indicada. Rógase revisar a data de convocatoria unha semana antes do día sinalado, grazas.

*Atrasouse por un problema de comunicación do horario.

 

Distribuir contido

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario de exames de Bacharelato

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Equipo de Convivencia e Mediación

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Contratos-Programa