Orientación
Coñecemos máis de preto a Universidade de Vigo
Enviado por admin o Mér, 13/03/2024 - 21:55Parte do noso alumnado de 2º Bacharelato visitou este luns a Universidade de Vigo, na procura de seguir orientando o seu futuro máis inmediato!
O vindeiro curso, moitas das nosas alumnas e alumnos volverán percorrer os corredores da UVigo ou de calquera outra universidade, continuando camiño cara a un futuro que lles auguramos realmente prometedor!
As nosas artistas visitan a EASD Antonio Faílde
Enviado por admin o Ven, 01/03/2024 - 22:35Esta semana, o alumnado de 2º Bacharelato de Artes achegouse á Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde para coñecer mellor a oferta formativa que ofrece, pois é unha das escolas galegas de arte que pode resultar de interese para a súa formación futura. Estamos desexando saber que será destas artistas nun futuro!
Visitamos a Feira das Ensinanzas
Enviado por admin o Sáb, 24/02/2024 - 18:31Este xoves, o alumnado de 4º ESO tivo a oportunidade de visitar a Feira das Ensinanzas que organiza o Concello de Ponteareas e coñecer máis de certa a oferta formativa dos arredores.
Boas prácticas de mitigación do cambio climático
Enviado por admin o Ven, 16/02/2024 - 19:22Este xoves, o alumnado de 4º ESO participou na charla do programa A Ponte "Emerxencia climática: boas prácticas educativas de mitigación e adaptación ao cambio climático nos centros educativos".
Que podemos facer nós para colaborar a contrarrestar os efectos do cambio climático? Posiblemente máis do que pensamos!
A xestión cultural: un sector profesional emerxente e unha oportunidade de empregabilidade
Enviado por admin o Xov, 25/01/2024 - 16:25O alumnado de 1º Bacharelato de Artes, Ciencias Sociais e Humanidades participou este mércores nunha charla sobre "A xestión cultural: un sector profesional emerxente e unha oportunidade de empregabilidade" da man de Gonzalo Francisco Fernández Suárez, Decano da Facultade de Humanidades da USC. Esta charla forma parte do programa A Ponte, da USC.
O alumnado recibiu información que moi posiblemente lle resulte de interese para o seu futuro universitario, cada vez máis próximo!