Novas do Equipo de Igualdade
Encontro telemático cos astronautas da ESA: Sara García e Pablo Álvarez
Que sorte tivemos en participar na charla de Sara Garcia (bióloga molecular) e Pablo Álvarez (enxeñeiro aeronáutico). A Axencia Espacial Europea contará con eles na súa próxima misión. Contáronnos experiencias e curiosidades. Foi unha bágoa non poder facerlles máis preguntas!
A aventura de coñecer os alimentos con Eva Covelo Tizón
Eva Covelo, tecnóloga dos alimentos (e antiga alumna do noso centro) visitou o alumnado de 3º da ESO para desvelar certas verdades, mentiras e mitos da alimentación.
Graciñas por eses datos tan interesarios e necesarios nos nosos días!
Fun with fear, con Matías Daporta
O alumnado de 1 de Bacharelato pasou unha xornada diferente e moi divertida grazas a Matías Daporta. O seu xogo de cartas Fun with fear permitiulles xogar a enfrentarse aos seus medos sexuais.
Visita á exposición "Rexas: Mulleres baixo o terror franquista"
Enviado por admin o Mér, 30/11/2022 - 08:44O alumnado de 1ºESO visitou este luns a exposición "Rexas: mulleres baixo o terror franquista", no Museo municipal. Trátase dunha exposición que recolle unha escolma da historia de represión sufrida por 172 mulleres pontevedresas que foron perseguidas, asasinadas, encarceradas e que sufriron vexacións polo feito de ser mulleres.
25N - Día internacional contra a violencia machista
Enviado por admin o Dom, 27/11/2022 - 20:12Ao longo desta semana o noso alumnado tivo a oportunidade de participar en distintas actividades relacionadas coa conmemoración do Día contra a violencia machista.
O alumnado de 1º e 4º ESO tivo a oportunidade de ver o espectátulo de danza, teatro e poesía O pano de Raquel L. Cendán.
O alumnado de 1º Bacharelato asistiu no auditorio municipal á charla de Montse Fajardo sobre "A loita das mulleres no s. XX: 100 anos de conquistas".
Iniciativas coma estas son fundamentais para que todas e todos camiñemos cara a un futuro en igualdade e libre de violencias.
VISITA DE LUZ FANDIÑO
Enviado por admin o Lun, 10/10/2022 - 12:32No mes de setembro estivo connosco Luz Fandiño, protagonista do documental A poeta analfabeta e exemplo de muller loitadora e rebelde. Falou co alumnado de 1º de Bacharelato da súa experiencia de vida e tamén da súa obra.
Velaquí un poema desta autora ao que Ses puxo música e voz no seu disco Liberar as arterias:
Eu son da clase dos poetas
descoñecidos e ignorados
para os que nunca se fixeron premios
nin nunca son publicados.
Son a poeta daqueles
que loitan por saír de escravos
Son a poeta daqueles
aos que todo lles foi negado
Eu son a poeta daqueles
que sobreviven do emprestado
A poeta analfabeta
Poeta dos desherdados
Son a poeta daqueles
aos que todo lles foi negado.
Son a poeta daqueles
que loitan por saír de escarvos.
25N - DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES
Enviado por admin o Dom, 12/12/2021 - 23:13A pandemia non impediu que no IES Val do Tea dixéramos NON a VIOLENCIA MACHISTA.