MAGOSTO 2024
Enviado por admin o Lun, 18/11/2024 - 10:08Kalim, benvidos
Enviado por admin o Sáb, 16/11/2024 - 11:50O venres 8 de novembro recibimos a sete persoas africanas que están residindo en Mondariz Balneario á espera de poder obter aquí os seus permisos de residencia. A asociación ACCEM, cuxo traballo admiramos fondamente, propúxonos facer esta a actividade, este encontro dos dous mundos, o dos nosos e nosas escolares desta vella Europa (tan ancorada en si mesma, tan repregada na súa historia) e a África que ten tanto para darnos.
Quedamos moi agradecidas deste encontro nos que nos decatamos de que semellantes somos todos. Eles ofrecéronnos as súas historias, duras, dolorosas, pero cheas de tenrura e de confianza, de fortaleza e resiliencia. Nós só soubemos ofrecerlles o noso: noces, castañas e o magosto, abelás,... os libros da natureza que nos fai de berce.
Que a nosa natureza fermosísima e os seus froitos sexan berce tamén para eles.
Camiñan ao meu rente moitos homes.
Non os coñezo. Sonme estranos.
Pero ti que te alcontras alá lonxe,
máis alá dos desertos e dos lagos,
máis alá das sabanas e das illas,
coma un irmau che falo.
Si é túa a miña noite,
si choran os meus ollos o teu pranto,
si os nosos berros son igoales,
coma un irmau che falo.
Celso Emilio Ferreiro
Kalim, benvidos.
HAHULA HULA!
Enviado por admin o Mér, 13/11/2024 - 13:38O mércores 6 de novembro, estivo de novo no noso Centro o Contacontos Samuel Mountoumnjou, profesor de linguas e mediador intercultural. Soubo manter viva a atención de todo o auditorio, contando historias en Francés da súa infancia en Camerún, historias transmisoras de valores diversos, de entre os cales destacou o de aprender a escoitar aos demais. HAHULA HULA! Érase unha vez...
É de agradecer a implicación no bo desenvolvemento da actividade do alumnado de Francés de 1º e 2º ESO e do profesorado acompañante, escoitando, repetindo as palabras de Samuel, cantando, interpretando e bailando.
Et merci aussi à vous, Samuel, pour votre savoir-être, votre savoir-faire, vos belles histoires remplies de sentiments et de couleurs. Et pour votre HAHULA HULA!” qui nous maintient toujours attachés à vos paroles, à vos gestes et à vos contes.
Écouter, respecter, apprendre et transmettre. Voilà votre devise! Et on répète tous avec vous : “HAHULA HULA”.
Convocatoria extraordinaria - Hípica Cemar
Enviado por admin o Lun, 11/11/2024 - 14:08Adxúntase información e documentación para a proba específica Hípica ciclo final 2024/25
Visita guiada ao cemiterio de Ponteareas
Neste final do mes de outubro, o alumnado de 4º ESO participou nunha visita guiada ao cemiterio municipal de Ponteareas. Acercarse á historia, aos símbolos que gardan os cemiterios e coñecelos máis de cerca tamén é importante.
A semana pasada celebramos o Día de Todos os Santos. Día de recordos, pero tamén de celebrar a vida.
Concurso de doces terrrrroríficos!
Enviado por admin o Mar, 05/11/2024 - 22:08Como xa é tradición, o EDLG volveu este ano polo Samaín co seu concurso de doces. A cantidade de participantes non foi moita, pero a calidade fantástica, como cada ano! E para mostra, estas fotiños que vos deixamos a continuación.
No magosto coñeceremos as persoas gañadoras!!
A Santa Compaña percorreu o Val do Tea
Enviado por admin o Mar, 05/11/2024 - 20:07O pasado mércores a Santa Compaña percorreu os corredores e aulas do Val do Tea en busca de novos membros. Moitos foron os alumnos que, entre risos e berros, se sorprenderon coa súa visita e a acompañaron no seu percorrido.
Esta actividade, promovida polo departamento de Artes Plásticas, formou parte da nosa celebración do Samaín. Todo un éxito e un bo traballo do alumnado de Artes!
NACE A PRIMEIRA REDE DE CLUBS DE LECTURA DOS CENTROS EDUCATIVOS DE PONTEAREAS
PARA ESCOITAR A ENTREVISTA PREMER NO SEGUINTE ENLACE: https://www.siradio.gal/2024/10/29/nace-a-primeira-rede-de-clubs-de-lectura-dos-centros-educativos-de-ponteareas/
PRESENTACIÓN: E-DIXGAL PARA FAMILIAS
Achegamos a presentación empregada polo formador na sesión de E-Dixgal para familias.
(Clicar no enlace que aparece en azul para acceder á presentación)