Skip to Content

Taboleiro

Prazo de presentación de candidaturas ao Consello Escolar 2023

Aberto o prazo de presentación de candidaturas aos distintos sectores (alumnado, pais e nais, profesorado e PAS) do Consello Escolar. As candidaturas presentaranse na secretaría do IES Val do Asma dende o venres 20 de xaneiro ata o venres 27 de xaneiro ás 13:00h.

2ª Reunión coas familias de alumnado - Proxecto Erasmus+

20/01/2023 16:30
20/01/2023 17:30

O vindeiro venres, 20 de xaneiro de 2023, ás 16:30 horas, celebrarase no Salón de actos, unha segunda reunión informativa para as familias/titores legais e alumnado de 4º ESO (Economía e Iniciativa Emprendedora) e 1º BAC (Economía) que está a participar no proxecto Erasmus+ 2020-1-FR01-KA229-080491_2

Organiza: Equipo Erasmus+ e Vicedirección

1º parcial exames pendentes ESO, BAC e FP básica

23/01/2023 10:25
27/01/2023 12:35

Para ver o calendario de exames preme aquí.

Calendario pendentes ESO/BAC/FP Básica

Advertido erro no calendario anterior, xa tedes acceso ao calendario de exames actualizado do 1º parcial (xaneiro 2023), 2º parcial (marzo 2023) e 3º parcial (só para ESO-BAC - maio 2023) das materias pendentes de ESO, BAC e FP básica

Alerta por condicións meteorolóxicas adversas para o mércores 18/01/23

A Xunta amplía a alerta laranxa por nevaradas nas zonas de montaña de Lugo e Ourense ao sur da provincia ourensá.

Pola súa banda, a Comisión Escolar de Alertas volveu reunirse hoxe para avaliar a evolución da situación. Acordou a suspensión do transporte escolar durante toda a xornada de mañá mércores 18 dos centros educativos situados nos concellos das zonas de predición das montañas de Lugo e Ourense e sur de Ourense, mentres que no resto si funcionará. En todo caso, recoméndase o seguimento das condicións meteorolóxicas nas zonas do interior da Coruña, interior de Pontevedra, centro de Lugo, sur de Lugo, noroeste de Ourense e Valdeorras.
No referido á xornada de hoxe, martes 17, mantéñense as medidas comunicadas onte.
 
Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro supuxesen un risco superior ao declarado, os directores poderán adoptar as decisións oportunas respecto das actividades no exterior do centro educativo ou sobre as actividades extraescolares. Adicionalmente extremaranse as condicións de circulación do transporte con seguimento das condicións climáticas.

Alerta por condicións meteorolóxicas adversas para o martes 17/01/23

A Xunta activa para mañá a alerta laranxa por nevaradas nas zonas de montaña de Lugo e Ourense. Agárdanse acumulacións de neve en 24 horas de 20 centímetros por riba dos 800 metros de altitude e de ata 5 centímetros en altitudes entre os 300 e os 500 metros

Pola súa banda, a Comisión Escolar de Alertas acordou a suspensión do transporte escolar durante toda a xornada de mañá martes 17 dos centros educativos situados nos concellos das zonas de predición das montañas de Lugo e Ourense. Ademais, ese mesmo día, queda suspendido o servizo en horario de tarde nos centros das zonas do interior da Coruña, interior de Pontevedra, centro de Lugo, sur de Lugo, noroeste de Ourense, sur de Ourense e Valdeorras. Nestas últimas localidades, farase seguimento das condicións climáticas ao longo da mañá, por se houbera que tomar decisións adicionais.

En canto ás actividades, quedan suspendidas as que se realicen no exterior nos centros educativos situados nas zonas da Mariña Lucense e o noroeste de A Coruña ata as 12h do martes 17.

Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro supuxesen un risco superior ao declarado, os directores poderán adoptar as decisións oportunas respecto das actividades no exterior do centro educativo ou sobre as actividades extraescolares. Adicionalmente extremaranse as condicións de circulación do transporte con seguimento das condicións climáticas. A listaxe de concellos incluídos en cada zona climática pode consultarse na páxina web de Meteogalicia.

Dende o IES Val do Asma recomendamos prestar atencións ás condicións metereolóxicas, que poden variar dentro do mesmo concello.

Empresas colaboradoras FP dual de 2º ano CS Administración e finanzas curso 22-23

Como en cursos anteriores, parte do alumnado do 2º curso do CS Administración e finanzas está a realizar a modalidade de dual grazas á colaboración de dúas empresas da comarca:

  • CM Stores & Innovative Business S.L.U.
  • Álvarez Real

Tres alumnos/as realizan parte da súa formación na primeira das empresas con sede en Taboada e un alumno na segunda empresa, na súa oficina de A Barrela.

Probas de acceso a ciclos de FP 2023

REQUISITOS
Dirixidas as persoas que teñan a idade esixida e carezan de titulación:
- Proba de acceso a Ciclos de Grao Medio: persoas que non teñan o título da ESO e teñan 17 anos ou os cumpran en 2023.
- Proba de acceso a Ciclos de Grao Superior: persoas que non teñan o título de Bacharelato e teñan 19 anos ou os cumpran en 2023.


PROBAS
A proba divídese en varias partes segundo se trate de Ciclos Medios ou Ciclos Superiores.
Nos seguintes enlaces podedes ver as partes, contidos e as materias.
- Proba de acceso a Ciclos Medios: https://www.edu.xunta.gal/fp/acceso-grao-medio
- Proba de acceso a Ciclos Superiores: https://www.edu.xunta.gal/fp/acceso-grao-superior


CALENDARIO
- Proba de acceso a Ciclos Medios: https://www.edu.xunta.gal/fp/acceso-grao-medio-convocatoria-actual
    inscrición do 27 de febreiro ao 10 de marzo (a inscrición farase de xeito telemático)
    celebración da proba 25 de maio
- Proba de acceso a Ciclos Superiores: https://www.edu.xunta.gal/fp/acceso-grao-superior-convocatoria-actual
    inscrición do 23 de xaneiro ao 3 de febreiro (a inscrición farase de xeito telemático)
    celebración da proba 20 de abril



Máis información no Departamento de Orientación- 982 870 239

Boas Festas e Feliz 2023

Vacacións de Nadal 22-23

O período de vacacións de Nadal abrangue dende o venres 23 de decembro de 2022 ao venres 6 de xaneiro do 2023, ámbolos dous incluídos. O horario de atención ao público, nos días laborables, será de 10:00 a 13:00 horas durante este período. Se non poden personarse nas oficinas ou para solicitar documentación, con carácter urxente, pode chamar neste horario aos teléfonos 982 870 236 ou 638 752 187.

Syndicate content


by Dr. Radut