Skip to Content

Taboleiro

Horario de atención no mes de agosto

Atención telefónica  de 10:00 a 13:00 horas no número 982870236

Resultados ABAU 2022

Parabéns ao alumnado que rematou 2BAC! 100% aprobados/as nas ABAU 2022.

Calendario exames setembro CS DAW dual

Publicadas as datas dos exames extraordinarios de módulos e da presentación do Proxecto de Desenvolvemento de Aplicacións Web na modalidade dual.

Libros de texto curso 22-23

Relación de libros de texto para o vindeiro curso:

  • Listado de libros para ESO e BAC.
  • Listado de libros para a FP

Prazo de presentación de solicitudes FP en réxime ordinario e FP dual curso 22-23

A presentación de solicitudes para cursar FP en réxime ordinario e FP dual abrangue dende o 23 xuño ás 9:00 ata 5 xullo ás 13:00 horas.

Acceso á información de todos os prazos do proceso de admisión da FP en réxime ordinario e na FP dual

NOVIDADE!!! No IES Val do Asma impartirase a partires do curso 2022-2023 o CM Atención a persoas en situación de dependencia na modalidade de dual!!!

Prazo de matrícula ESO e BAC curso 22-23

O prazo para formalizar a matrícula abrangue do 25 de xuño ata o 10 de Xullo de 2022.

Admisión a ciclos de FP de grao básico 22-23

Requisitos de acceso:

a) Ter feitos quince anos ou facelos durante o ano natural en curso.
b) Ter cursado o terceiro curso de educación secundaria obrigatoria ou, excepcionalmente, ter cursado o segundo curso.
c) Ter proposto o equipo docente aos pais, ás nais ou ás persoas titoras legais a incorporación do alumno ou da alumna a un ciclo formativo de grao básico.

O día 20 de xullo farase pública a listaxe do alumnado admitido e non admitido en cada ciclo formativo de grao básico.

Acceso á información

No IES Val do Asma impártense o CB Informática de oficina e o CB Matemento de vehículos.

Entrega notas finais e reclamacións 2022

Luns 27 de xuño de 2022 ás 10:00h: Entrega de notas (na aula de referencia).

Luns 27 e martes 28 de xuño de 2022: Revisións de exames e reclamacións ante os departamentos. Acceso á información do proceso de reclamacións.

Xoves 30 de xuño de 2022: Resolución das reclamacións (dirección).

 

 

Entrega notas finais curso 21-22

27/06/2022 10:00
27/06/2022 10:30

Luns 27 de xuño de 2022 ás 10:00h: Entrega de notas (na aula de referencia).

Devolución de libros do FondoLibros e chaves das gabetas (taquillas)

O alumnado deberá facer a entrega dos libros do FondoLibros e as chaves das "taquillas", en horario de maña, nos seguintes días:

  • Martes 21/06/2002: Alumnado que remate exames o martes 21 e alumnado que teña todo aprobado.
  • Mércores 22/06/2022: Alumnado que teña exames o mércores 22.
Syndicate content


by Dr. Radut