Skip to Content

Taboleiro

Reunión titoría-familias de alumnado de ESO e FP Básica

20/10/2022 18:00
20/10/2022 19:00

O vindeiro xoves, 20 de outubro, ás 18:00 horas, celebrarase na aula de referencia do grupo, a reunión de inicio de curso entre as familias e os titores. Máis información.

Ampliación da axuda para adquirir material escolar

Publicación da RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2022 pola que se amplía a axuda para adquirir material escolar en 25 euros adicionais.

  • As persoas que xa foron beneficiarias de axuda para adquiriren material escolar ao abeiro da Orde do 29 de abril de 2022, poderán recoller o vale para adquirir material escolar-ampliación por importe de 25 € adicionais no respectivo centro docente, a partir do luns 17 de outubro de 2022.
  • O alumnado que se incorpore a un centro docente sostido con fondos públicos ao longo do curso e ata o 31 de marzo de 2023, logo da tramitación e concesión do vale para adquirir material escolar nos termos establecidos na Orde do 29 de abril de 2022, poderá recoller no centro docente:
    a) O vale para adquirir material escolar por importe de 50 €.
    b) E o vale para adquirir material escolar-ampliación por importe de 25 € adicionais.

Contratos - Programa Inclúe 22-23

A Consellería de Educación vén de conceder ao IES Val do Asma, todos os Contratos - Programa Inclúe (CPInclúe) solicitados, para desenvolver durante o curso 2022- 2023, que son os seguintes:

01.QUÉDA-T (Prevención do abandono temperán e do absentismo escolar).
02.IGUÁLA-T
03.CONVIVE-T
04.INCLÚE-T
05.EMOCIÓNA-T

Para máis información sobre os CPInclúe preme aquí.

Concurso de cabazas Samaín 2022

Ata o venres 28 de outubro de 2022, o alumnado do IES Val do Asma poderá participar no concurso de cabazas. Anímadevos a participar!

Charla "English around the world"

03/10/2022 12:35
03/10/2022 14:15

Charla sobre a cultura anglofalante impartida, en inglés, por unha persoa nativa.

Lugar: Salón de actos do IES
Destinatarios/as: Alumnado de ESO (1º e 2º cursos de 12:35 a 13:25 e 3º e 4º cursos de 13:25 a 14:15)
Organiza: Departamento de Inglés

Axudas para obter permisos de condución

Preme na imaxe para acceder á información.

 

Concurso "Mascota para a BiblioAsma"

Acceso as bases do Concurso para elixir a Mascota da BIBLIOASMA. O prazo de presentación dos debuxos remata o 19 de outubro de 2022. Animádevos a participar!

IMPORTANTE! Validación datos académicos para alumnado solicitante de bolsas de estudos

O alumnado que solicitou bolsa de estudos para o curso 22-23, ten a obriga de acceder ao enlace que aparece na imaxe para validar os seus datos académicos. De non facelo, antes do 3 de outubro, NON percibirá a axuda económica solicitada. Para máis información podedes acudir ao Departamento de Orientación do centro.

Inicio curso escolar 22-23

O data de inicio de curso escolar no IES Val do Asma será o venres 9 de setembro de 2022, dado que o xoves día 8, data oficial marcada pola Consellería de Educación, é festivo local en Chantada.

Toda a información sobre horas de presentación e inicio de actividades lectivas serán enviadas ás familias a través da plataforma Abalar.

Acceso ao calendario de presentacións.

Festivo local

08/09/2022

Festivo local en Chantada

Syndicate content


by Dr. Radut