Skip to Content

Taboleiro

Premios Extraordinarios de FP de Grao Superior 2023

Convocados os Premios Extraordinarios de Formación Profesional de Grao Superior da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou no curso 2021/2022. Os requisitos de participación son:

  • Ter rematados os estudos de formación profesional de grao superior no ano 2022 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Ter obtido unha cualificación final media de todos os módulos igual ou superior a 8,50.


O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, ata 20 de abril de 2023, a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (20 de marzo de 2023).

Enlaces á convocatoria e á sede electrónica.

Da idea á idea de negocio - eduEmprende Actúa

23/03/2023 11:45
23/03/2023 13:25

Obradoiro "Da idea á idea de negocio" impartido dentro do programa eduEmprende Actúa da Consellería de Educación que consistirá na posta en práctica da análise dunha idea de negocio a través do LEAN CANVAS, empregando unha metodoloxía grupal e participativa mediante unha tormenta de ideas de negocio. 

Dirixido a: Alumnado de 1º e 2º cursos do CM Electromecánica de Vehículos Automóbiles e CS Administración e Finanzas

Lugar: IES Val do Asma

Organiza: Departamento de FOL.

Exame escrito B1 e B2 do Trinity

22/03/2023 16:00
22/03/2023 18:00

Para máis información preme aquí.

Laboratorio de fotografía e identidade - 3ª sesión

21/03/2023 11:45
21/03/2023 12:35

Segunda sesión do laboratorio de fotografía e identidade  "O espello de Claude". Para máis información preme aquí.

Dirixido a: Alumnado de 4º ESO.
Lugar: Aula de referencia.
Organiza: Departamento de Xeografía e Historia.

Obradoiro de escritura medieval

17/03/2023 09:00
17/03/2023 13:30

Actividade impartida polo Arquivo Histórico provincial de Ourense  na que se realiza un taller moi participativo relativo á escritura da Idade Media, poñendo en valor singulares documentos históricos do período. Aprenderase como elaboraban a tinta os monxes daquel tempo e utilizarase unha pluma de ave para escribir un documento que dará fe da liñaxe de cada participante.

Dirixido a: Alumnado de 2º ESO

Lugar: Ourense

Organiza: Departamento de Lingua Española

Entrega notas 2ª avaliación 22/23

Este curso escolar as sesións de avaliación de todos os grupos realizaranse en periodos distintos, polo que as datas de entrega de boletíns de notas son as seguintes:

  • Venres 24 de febreiro ás 11:15 na aula: 2º BAC
  • Mércores 15 de marzo ás 11:15 na aula: ESO (todos os cursos) e 1º BAC
  • Xoves 16 de marzo ás 11:15 na aula: 1º CB de Informática de Oficina, 1º CB Mantemento de vehículos e 1º CM Electromecánica de vehículos automóbiles.
  • Xoves 16 de marzo ás 11:15 a través do Abalar: 2º CS Deseño de Aplicacións Web e 1º CS Administración e finanzas.
  • Venres 31 de marzo ás 11:15 na aula: 2º CM Electromecánica de vehículos automóbiles.
  • Venres 31 de marzo ás 11:15 a través do Abalar: 2º CS Administración e finanzas.
  • Mércores 19 de abril ás 14:15 na aula: 2º CB Mantemento de vehículos.

Visita de museos en Madrid

15/03/2023 07:00
15/03/2023 21:00

O alumnado que cursa a materia de Debuxo Artístico visitará o Museo del Prado, Museo Reina Sofía e outros.

Dirixido a: Alumnado de Debuxo Artístico de 2º BAC
Lugar: Madrid
Organiza: Departamento de Plástica

Ruta polo Courel

15/03/2023 08:45
15/03/2023 19:00

Dirixido a: Alumnado de 2º ESO
Lugar: O Courel
Organiza: Departamento de Educación Física

Probas obtención título Graduado en ESO maiores 18 anos.

Convocadas as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos.
 
Os requisitos para poder participar nestas probas son:
-Ter feitos os 18 anos o día anterior á data de realización da proba.
-Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria.
-Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2022/23 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria, nin nas de formación profesional básica.
-O alumnado matriculado durante o curso 2022/23 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se solicita a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre. Así mesmo, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.

As probas celebraranse en sesións de mañá e tarde os días 26 de maio e 1 de setembro de 2023 en centros públicos de Educación Permanente de Adultos das catro provincias.

Os prazos de matrícula serán:
– Convocatoria de maio: 6 de marzo ao 16 de marzo de 2023, ambos os dous incluídos.
– Convocatoria de setembro: 3 de xullo ao 10 de xullo de 2023, ambos os dous incluídos.

As solicitudes de inscrición deberán presentarse en soporte papel en calquera centro de ensino secundario.  

As probas constan de tres partes:
- Ámbito científico-tecnolóxico, que inclúe exercicios das materias de Matemáticas, Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Tecnoloxía, así como aspectos relacionados coa saúde e o medio natural recollidos no currículo de Educación física.
- Ámbito social, que inclúe exercicios das materias de Xeografía e Historia, Economía, Iniciación a Actividade Emprendedora e Empresarial e aspectos perceptivos correspondentes ás materias de Educación plástica e visual, e Música.
- Ámbito da comunicación que inclúe exercicios das materias de Lingua galega e literatura, Lingua castelá e literatura e Lingua estranxeira (inglés ou francés).

Máis información en:
Portal educativo
Departamento de Orientación do IES Val do Asma- 982 870 239

Carteis 8M Día da Muller 2023

Propostas realizadas polo alumnado de 4º ESO de Ed. Plástica para conmemorar o 8M Día Internacional da Muller

Syndicate content


by Dr. Radut