Skip to Content

Atención ao alumnado con materias pendentes

Organización das actividades de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes

A) Se un alumno ten pendente a Relixión Católica do curso anterior e segue cursándoa, valorarase no primeiro trimestre se o alumno vai acadando o grao mínimo a acadar nos estándares de aprendizaxe co rendemento no actual curso. Esa valoración será mediante as rúbricas establecidas no desenvolvemento das clases habituais. Se o alumno non acadara o grao mínimo ao longo do curso poderá optar por realizar unha proba escrita para pendentes no mes de setembro segundo as datas establecidas polo centro.

B) No caso de que o alumno non siga cursando a materia de Relixión realizará, coincidindo coa primeira avaliación, unha proba axeitada o grao mínimo que debe acadar. Se non a supera terá, a final de curso, outra proba ou entrega de traballos relacionados cos temas correspondentes.

En calquera caso os plans para a superación e a avaliación serán coas rúbricas propias do nivel que lle quedou pendente ao alumno.

Distribuir contido


by Dr. Radut