O pasado 16 de febreiro os alumnos de 2º da ESO realizaron unha visita activa ás instalacións da empresa ESYPRO, na Pasaxe, organizada polo departamento de Tecnoloxía. O obxectivo fundamental era que os alumnos viran de cerca a realidade do proceso tecnolóxico e das súas fases, así como algunhas das técnicas e ferramentas que se usan en cada unha delas.
Na visita realizáronse varias actividades:
-Comprobación de cotas de pezas sobre plano utilizando calibre.
-Visita ás oficinas de Enxeñería para comprobar o funcionamento dun programa para o deseño de pezas en 3D.
-Montaxe de pezas a partir de plano
-Visita ao laboratorio I+D+i para ver prototipos e ensaios de pezas.
-Mecanizado de pezas plásticas usando un torno.
-Manexo dunha ponte-grúa, proba de habilidade.
Rematamos a visita na nave de montaxe, vendo o proceso de fabricación e o almacén.
Tódolos profesores acompañantes valoramos moi positivamente a visita e a organización por parte do persoal de ESYPRO. As impresións transmitidas polos alumnos tamén foron excelentes. O noso agradecemento á empresa e a tódolos profesionais que se implicaron na visita, que foron moitos, en particular a Carlos Trigo e Alberto Ramilo pola organización e coordinación. Moitas grazas, esperamos repetir en cursos próximos.