Participación de alumnos do centro na III Competición de Robots da EEI de Vigo
10 alumnos de Tecnoloxía de 4º da ESO, distribuidos en 3 equipos, participaron na 3ª edición da Competición de Robots organizada pola Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo, que se celebrou o pasado venres 28 de abril, cun total de 155 equipos e 800 alumnos de toda Galicia.
Esta actividade plantexouse como complementaria dos contidos de robótica e programación que forman parte do currículo de Tecnoloxía de 4º da ESO.
Os equipos de 3º e 4º da ESO estaban distribuidos en 4 grupos de 11 equipos cada un, e tiñan que realizar dúas probas no menor tempo posible: completar un circuito seguindo unha liña branca e sacar dúas latas do interior dun círculo.
O equipo “Pollos hermanos”, integrado por Blanca Oliveira, Martín Rodríguez e Álvaro Vidal, quedou en 5º posto no seu grupo; “Robotecs”, de Rafael Braña, Adrián Costas, Laura Martínez e Pablo Reñones quedou 6º e “Destroyers”, con Xacobo Conde, Pedro Gómez e Andrés Torres quedou en 7ª posición. Tódolos equipos completaron as dúas probas. Había que clasificar entre os 3 primeiros para entrar nas finais, pero tendo en conta que tanto os equipos como o adestrador eramos debutantes na competición, estamos satisfeitos.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Img1.jpg | 1.83 MB |
Img2.jpg | 1.6 MB |
Img3.jpg | 1.86 MB |
Img4.jpg | 1.75 MB |
Img5.jpg | 1.79 MB |
Img6.jpg | 1.56 MB |