PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL: 2 DE SETEMBRO
O comedor do centro está xestionado pola Xunta de Galicia seguindo a normativa:
- Decreto 132/2013 e orde 21 de outubro de 2022
- Instrución 2/2024
Día: os luns de 15:00 a 17:00 nunha única quenda.
Capacidade: 30 usuarios.
Lugar: cafetería do centro.
Solicitude: realízase mediante impreso de autodeclaración das tarifas tomando como referencia a declaración da renda de 2023 que esterá dispoñible na secretaría do centro ou descargando do arquivo adxunto.
Selección e admisión de usuarios no caso de haber máis solicitudes que prazas:
1. Alumnado usuario do curso anterior do comedor, salvo que variase substancialmente o criterio polo cal fose admitido.
2. Alumnado usuario de dereito do servizo de transporte escolar segundo instrución 1/2024.
3. Agás no caso de alumnado escolarizado voluntariamente en centros fóra de zona, ter un/unha irmán que vai continuar matriculado co centro para o curso que solicite o servizo e sexa usuario do comedor escolar no momento de formalizar a solicitude.
4. Alumnado pertencente a unidades familiares que se atopen en situación socioeconómica de exclusión social ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 33% certificadas polos servizos sociais ou municipais correspondentes.
5. Alumnado membro de familias numerosas, monoparentais, situación acreditada mediante certificación, título ou inscrición no rexistro correspondente.
6.Alumnado fillo de pais e nais, titores legais ou acolledores familiares, traballadores ambos os dous con incompatibilidade dos seus horarios laborais co horario de saída do seufillo/a ao mediodía con documentación acreditada.
7.Outro alumnado do centro. Neste suposto inclúense aos escolarizados voluntariamente fóra da área de influencia que lle corresponde.
ACCESO AO SERVIZO POR PARTE DE ALUMNADO ESCOLARIZADO EN CENTROS QUE NON LLES CORRESPONDEN POR ZONA DE INFLUENCIA
- Este alumnado non terá dereito ao comedor escolar.
- Excepcionalmente, sempre que existan no comedor escolar prazas libres, a Secretaría Xeral Técnica poderá autorizar para cadacurso escolar a incorporación de alumnos/as escolarizados fóra de área.
- As citadas autorizacións concederanse en precario e serán revogbles se cambian ascircunstancias que asxustifcan ou se é preciso asignar as prazasa outro alumnadocun dereito preferente.
- E
stes autorizados con independencia da renda familiar terán que aboar a cantidade de 4,50€ por día de servizo.
En adxuntos pódese descargar o impreso de autodeclaración da renda para o curso 2024-2025 que haberá que entregar na secretaría do centro.
HORARIO DE VERÁN: 9:00-13:30
DÍAS FESTIVOS LOCAIS: