Skip to Content

Axudas para material escolar Curso 2024-2025

No DOG do día 20 de maio de 2024, publícase a ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25.

O prazo remata o día 21 de xuño de 2024 incluído.

O IES Plurilingüe Terra de Turonio ten implantado o programa EDIXGAL en tódolos cursos (de 1º a 4º de ESO) e non haberá libros de texto. Por tanto só poderá solicitarse axuda para material escolar.

No artigo 9.3. se establece que " As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II), accesible dende a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal 

Para a presentación electrónica de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365)."

En caso de facer a solicitude presencialmente na secretaría do centro, pódese descargar aquí o impreso Descargar

 

AdxuntoTamaño
Solicitude axudas material escolar.pdf3.49 MB


page | by Dr. Radut