Iniciar sesión

Semana da Ilustración

O Equipo da Biblioteca formado por Chus Barbeira e Rocío Romero, montaron unha exposición nun dos andadeiros do centro, coas ilustracións de Idaira Pérez Castro e Ánxela Gacía Lema.

As ilustracións mostran o talento e potencial destas alumnas

                          

 

       

Campións do Torneo de Bádminton

Valentín Martínez e Isaac Varela son os campións do Torneo de Bádminton organizado polo profesor Antón Vázquez.

Este torneo que se celebra nos recreos, tivo moi boa acollida polo noso alumnado.

Noraboa aos campións.

Axudas alumnado actividades de formación en lingua estranxeiras

Orde do 11 de xaneiro de 2022, pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2022, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 1 de febreiro e remata o día 28 de febreiro

A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se menciona na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle

 

Cartel informativo

 

 

Debate Académico Galego na Fundación Barrié

Os/as nosos/as representantes no Debate Académico celebrado onte na sede da Fundación Barrié na Coruña, sairon satisfeitos da experiencia nesta actividade. Se superan a primeira fase do concurso, pasarían á semifinal que se celebrará o día 12 de febreiro.

SORTE!!!!!!

 

      

                 

 

 

         

Debate Académico de Galicia

Lucía Roget Blanco, Paula Torres Pedreira, Ariadna Martínez Pasión, Daniela Lema Touriñán y Rodrigo Hermida Limideiro, de 1º de Bacharelato, asistirán o luns 31 de xaneiro á Fundación Barrié a participar no Torneo de Debate Académico de Galicia, xunto con outros 30 centros. Hoxe fixeron no centro un "simulacro" do que sucederá o próximo luns.

 

No seguinte enlace, podedes seguir en directo o debate.

https://fundacionbarrie.org/iii-torneo-debate

 

 

Bádminton na Serra de Outes

 

Hoxe fomos a unha competición de Bádminton na Serra de Outes. 

 

 

      

             

Visitando a Gastón

O alumnado de 1º ESO visitou a cidade da Coruña. Estiveron no Acuario, na Torre de Hércules e fixeron un roteiro polos arredores. Foron con Ana Vázquez e Antón Vázquez. O alumnado puido fotografar a Gastón o tabeirón que pesa 120 kilos e mide 3 metros. Foi capturado en Sudáfrica e vive no acuario dende o ano 2006.

 

  

 

 

Xeografía Divertida

Hoxe veu ao centro Víctor, un xeógrafo da Universidade de Santiago, a explicarnos por que se desborda o río no inverno e outras cousas moi interesantes. A Charla estivo moi entretida, traballamos con mapas e aprendemos o importante que é o terreo que nos rodea.

 

Festival de Nadal 2021

Este ano, fixemos o Festival Postpandemia no noso centro. As actuacións foron moi xeitosas.

Podedes ver aquí todas as fotos que fixemos.

FELIZ NADAL A TODAS E TODOS!!!!!!

                                    

 

                  

 

 

 

 

 

Patinando sobre xeo

O Concello invitounos a patinar na pista de xeo. A actividade foi moi divertida.  Asistimos en horaios distintos e por grupos. 

         

Podeis ver algunha das fotos que fixemos

 

Distribuir contido