Iniciar sesión

Reunión comezos de curso

O vindeiro luns, 30 de setembro, terá lugar a reunión informativa de comezos de curso para as familias de alumnado da ESO. Realizarase ás 18:30 na aula do grupo.

Inicio de curso 2024/25

Na xornada inicial do mércores 11 de setembro o horario será o habitual (08:45 - 14:25)

 

- O alumnado de 1º da ESO deberá acudir á Aula de Usos Múltiples. 

- O alumno do resto de cursos deberá acudir á súa aula onde o esperará o seu titor ou titora.

Prazo de matrícula nos ciclos formativos

Ata o 20 de setembro continúa aberto o prazo de matrícula nos ciclos formativos do IES Terra de Soneira.

Os trámites realizaranse na Secretaría do centro.

 

Listaxe de libros para o curso 2024-25

No seguinte enlace podedes descargar o arquivo coa listaxe de libros para o vindeiro curso.

Periodo de reclamación cualificacións finais

O periodo de reclamación ante o centro das cualificacións das avaliacións final da ESO, extraordinaira de 1º de Bacharelato e final de ciclos formativos será do 25/06 ao 26/06 en horario de 9:00 a 14:00. 

Enlace á normativa que recolle o dereito de reclamación do alumnado ás cualificacións finais.

Enlace ao modelo de reclamación ante o centro.

Calendario de revisións e reclamacións - 2º de Bacharelato (Convocatoria extraordinaria)

Publícase a Instrución 10/2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa co calendario de revisións e reclamacións das cualificacións de 2º de Bacharelato. As cualificacións serán publicadas en Abalar Móbil ás 17:00 horas do xoves 13 de xuño. 

O venres 14 de xuño ás 9:00 haberá unha reunión na aula de Usos múltiples para informar acerca das probas e da matrícula de ABAU.

 

 

No Anexo II da Instrtución10/2023 da Dirección Xeral de Ordenación educativa atópanse os documentos do procedemento de reclamacións ás cualificacións, entre os que se atopa o Modelo de reclamación ante o centro que debe cubrir o alumnado e/ou familia que quixese realizar unha reclamación.

Calendario de fin de curso de 1º de Bacharelato

AVALIACIÓN ORDINARIA:

 Mércores 12/06 ás 12:25 entrega de boletíns nas aulas de cada curso e publicación das cualificacións en Abalar

Xoves 13/06 e Venres 14/06 ata as 14:00 periodo de reclamacións ás cualificacións ante o centro.

O procedemento de reclamación está regulado pola ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa (artigos 39-43)

 

Modelo de reclamación ante o centro

Modelo de reclamación ante a Xefatura territorial

Probas libres de ciclos de Formación Profesional

CICLO SUPERIOR DE ADMINISTRACIÓN E FINANZAS

A xornada de acollemento celebrarase o 7 de xuño ás 9:00 horas no departamento de Administración. 

Segundo a disposición adicional segunda da Orde do 5 de abril de 2013 pola que se regulan as probas para a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de ciclos formativos de formación profesional dos estableceidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación: Os centros realizarán a baixa de oficio da matrícula da proba cando unha persoa matriculada non asista inxustificadamente á xornada de acollemento a que se refire o artigo 22.2 ou a calquera das partes en que se organiza a proba de cada módulo profesional. 

Calendario de probas

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS:

MP0652 Xestión de recursos humanos

Distribuir contido