Hoxe rematou o campionato mundial de fútbol mixto organizado por Antón Vázquez, e celebrado nos recreos.
O equipo gañador foi o alumnado de 1º de Bacharelato. Parabéns!!!!!
Procedemento de reclamación de cualificacións e decisións de titulación
Modelo reclamación ante o centro
Modelo reclamación ante Xefatura territorial
O alumnado de 4º ESO e de 1º de Bach aisitiu ao Auditorio da Casa da Cultura a unha Charla sobre o Bo Trato.
O alumnado de 1º ESO asistiu a unha charla no centro, para navegar pola rede con seguridade.
O alumando de Literatura Universal de 1º de Bacharelato, fixo un vídeo de como lemos na Terra de Soneira.
A Dirección Xeral de Saúde Pública ven de publicar un documento no que se describen as situacións nas que se mantén a obligatoriedade de usar as máscaras no ámbito educativo e se recomenda o seu uso noutras situacións non contempladas dentro das anteriores, despois da publicación do RD 286/2022 no que se deroga a obligatoriedade do uso das máscaras en interiores.
En aplicación da disposición transitoria cuarta da Orde do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia, e co fin de garantir o dereito do alumnado a que se valore o seu rendemento obxectivamente, fanse públicos os criterios de promoción e titulación para o alumando de ESO e Bacharelato no presente curso 2021-2022 despois da modificación operada pola antedita Orde e que xa figuran recollidos na concreción curricular do centro.
Hoxe na Casa da Cultura, a Compañía Vicus Teatro, deleitonos con fragmentos das obras de teatro máis importantes dos Séculos XVI e XVII.
Foron breves fragmentos moi ben explicados e amenizados polos dous actores da compañía.
A exposición deste poeta local, permanecerá na Bilioteca do centro ata o día 29 de abril.
Manuel Muíño alcalde de Zas, Mónica Rodríguez alcaldesa de Vimianzo e Chus Barbeira coordinadora da Biblioteca, inauguraron hoxe a exposición.
Dende o vindeiro día 30 de marzo ata o 12 de maio está aberto o prazo para solicitar as bolsas e axudas do Ministerio de Educación ao alumnado de niveis postobrigatorios. Podedes ver toda a información no seguinte enlace.