A exposición deste poeta local, permanecerá na Bilioteca do centro ata o día 29 de abril.
Manuel Muíño alcalde de Zas, Mónica Rodríguez alcaldesa de Vimianzo e Chus Barbeira coordinadora da Biblioteca, inauguraron hoxe a exposición.
Dende o vindeiro día 30 de marzo ata o 12 de maio está aberto o prazo para solicitar as bolsas e axudas do Ministerio de Educación ao alumnado de niveis postobrigatorios. Podedes ver toda a información no seguinte enlace.
Hoxe veu ao centro a poetisa local Alejandra Rama Amigo, ex-alumna do centro, filóloga e escritora. Tivo un encontro co alumnado de 2º ESO.
O alumnado de 2º ESO, na materia de Lingua Castelá, expón no centro unha mostra de entrevistas a mulleres anónimas da nosa contorna.
Neste video, podedes ver un recital poético, feito polo noso alumnado.
Xa dispoñemos no centro dos títulos académicos correspondentes ó alumnado que rematou no noso IES os seus estudos (ESO, bacharelato ou ciclos) no ano 2020.
Os interesados/as (non os pais), ou unha persoa que eles autoricen, poden pasar por secretaría para retiralos, identificándose co seu DNI.
A retirada de TÍTULOS poderá facerse mediante un dos seguintes procedementos:
I. O alumno/a interesado, persoalmente, ensinando un documento acreditativo que o identifique (DNI, pasaporte…).
II. Por medio de autorización a outra persoa para que o recolla (asinada polo alumno/a interesado). Neste caso, a persoa autorizada deberá presentar nesta secretaría, cuberta e asinada polo alumno/a, a autorización acompañada de fotocopia do DNI ou pasaporte… do alumno/a. A persoa autorizada deberá así mesmo identificarse ensinando o seu documento correspondente (DNI, pasaporte…).
Hoxe na sala de Usos Múltiples coñecimos o Proxecto de investigación sobre a historia do afundimento preto de Fisterra do HMS Captain en 1870, e, de paso, sobre a vinculación da Costa da Morte cos naufraxios.
Antón Acción e o profesorado do Departamento de Matemáticas, convocan o seu tradicional concurso de fotografía matemática.
As fotografías deberán ter un título matemático que represente á fotografía, deberán estar vencelladas ás Matemáticas con tamaño de foto axeitado para ver en dispositivos móbiles ou monitores de computadores, podendo ser en cor ou en branco e negro.
Tedes máis información en carteis colgados polo centro.
Tedes ata o día 30 de abril para entregar as vosas fotos.
Facede o favor... pensade.
As Avoas de Laxe, déronnos unha verdadeira lección de igualdade e de maestría no escenario.
As risas foron contínuas.
Unha obra crítica coa sociedade que nos rodea, e chea de humor. Apta e recomendable para todas as idades.
Entre o 1 e o 21 de marzo de 2022:
Admisión: Os pais/nais ou titores legais do alumnado de centros non adscritos, interesado en cursar estudos no IES Terra de Soneira, formalizarán a súa solicitude neste centro. Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das seguintes opcións:
1. Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro
2. Cubrir a solicitude informáticamente e asinala na Sede Electrónica
3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro
Normativa Reguladora
Postos escolares ofertados