Iniciar sesión

Dolmens e petroglifos polos nosos andadeiros

O Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte (SEMESCOM), cedeu a súa exposición itinerante sobre o patrimonio megalítico da Costa da Morte, para que poidamos apreciar a riqueza arqueolóxica e patrimonial da nosa terra.

 A Biblioteca do centro xestionou a chegada desta exposición que está composta de oito paneis descritivos das principais antas da bisbarra, moitas delas situadas en Vimianzo. 

Permanecerá no centro ata despois das vacacións do Nadal.

 

   

     

 

Charla "Radiación e radioactividade: da enerxía nuclear á imaxe médica" para 3º ESO

O luns 08/11/2021 María José Gómez Calero, física e investigadora do IGFAE, impartiu ao alumnado de 3º ESO do noso centro o obradoiro titulado "Radiación e radioactividade: da enerxía nuclear á imaxe médica". As alumnas e alumnos puideron achegarse máis ao concepto de radiación e, en particular, á radiación ionizante coñecendo a súa presenza na natureza e as súas aplicacións para diagnosticar e tratar doenzas e para producir enerxía eléctrica. Tiveron a oportunidade ademais de observar in situ a medición da radiación emitida por unha fonte radiactiva empregando un contador Geiger

                   

Magosto e Samaín

Hoxe nas dúas últimas horas de clase,  celebramos Magosto e Samaín, fixemos Xogos Tradicionais, asamos castañas e  degustamos sobremesas deliciosas que fixo o alumnado de 4º ESO. O alumnado de Literatura Universal, entregou os premios do Concurso de Relatos Terroríficos. E o alumnado de Teatro, contou historias de moito medo. 

 

        

              

 

Aquí, atopareis as fotos que fixemos.

Magosto Samaín 2021 - Galería do IES Terra de Soneira (xunta.gal)

 

 

Natalia Abelenda e Antón Vázquez achegáronnos ás estrelas

O martes 26 de outubro, as 20.00 horas, Pedro Pablo Campo Díaz do Observatorio Astronómico da Universidade de Santiago, instalou un telescopio no centro para observar as estrelas.

O Concello apagou as luces do arredor, e viuse claramente Xúpiter e Saturno.

 

                   

 Foi unha Actividade Estelar!!!!!

Eleccións ao Consello Escolar 2021 - Acto público de sorteo dos membros da Xunta electoral

 

O vindeiro mércores 27 de outubro ás 12:25 na aula de Usos Múltiples, terá lugar o acto público de elección da Xunta electoral que rexirá o proceso electoral de renovación parcial dos membros do Consello Escolar do IES Terra de Soneira, segundo a Resolución do 29 de setembro.

No arquivo adxunto podedes consultar o Calendario do devandito proceso electoral. 

Falando de Meigas

O xoves 30 de setembro invitounos o Concello á Casa da Cultura a ver uns documentais sobre a caza de bruxas nos séculos XV a XVII. Despois falamos e debatimos.

 

             

 

           

Títulos recibidos no centro (ESO, BAC e Ciclos)

Xa dispoñemos no centro dos títulos académicos correspondentes ó alumnado que rematou no noso IES os seus estudos (ESO, bacharelato ou ciclos) no ano 2019.

Os interesados/as (non os pais), ou unha persoa que eles autoricen, poden pasar por secretaría para retiralos, identificándose co seu DNI.

A retirada de TÍTULOS poderá facerse mediante un dos seguintes procedementos:
I. O alumno/a interesado, persoalmente, ensinando un documento acreditativo que o identifique (DNI, pasaporte…).
II. Por medio de autorización a outra persoa para que o recolla (asinada polo alumno/a interesado). Neste caso, a persoa autorizada deberá presentar nesta secretaría, cuberta e asinada polo alumno/a, a autorización acompañada de fotocopia do DNI ou pasaporte… do alumno/a. A persoa autorizada deberá así mesmo identificarse ensinando o seu documento correspondente (DNI, pasaporte…).

Visitando Santiago de Cereixo

27 de setembro. O alumnado de Arte de 2º de Bacharelato, visitou a Igresia de Santiago de Cereixo, xoia arquitectónica da Costa da Morte

 

 

                  

                       

Ata pronto Nico!!!!

Hoxe, veu Nico ao centro a despedirse. 

Nunca te esqueceremos.

Moita Sorte!!!!!

Distribuir contido