Skip to Content

Animación á lectura

Xavier Alcalá visita o Sofía no día do libro

   

      Esta semana estamos a celebrar o Día do Libro con varias actividades, así o propio 23 de abril visitounos o escritor Xavier Alcalá para falarnos do ardúo proceso para pasar a súa coñecida novela A nosa cinza á novela gráfica Cinza coa axuda do debuxante Manel Cráneo.

     O alumnado de 1º de Bacharelato do Club de lectura de novela gráfica foron público desta animada charla, e tamén falaron con el admiradores de 2º de bacharelato. Aquí vemos ao autor asinando algunhas das súas obras que temos na nosa Biblioteca.

I Concurso de Poesía IES Sofía Casanova

   

    Desde a Biblioteca organizamos o I Concurso de Poesía IES Sofía Casanova.Tedes aquí as bases e o cartel. As bases tamén estarán dispoñibles na biblioteca.

    Coa esperanza de poder repetir o curso que vén, esperamos moita participación, así que, animádevos!

I Concurso IES Sofía Casanova de Banda Deseñada

   

  O Club de Lectura de Novela Gráfica conxuntamente coa Biblioteca convoca o I Concurso IES Sofía Casanova de Banda Deseñada onde todo o alumnado pode participar.

    Tedes as bases aquí e nos carteis que xa están colgados polos corredores do centro.

    Animádevos e participade: O prazo remata o 16 de xuño!

Curtametraxe do proceso de creación do mural para a biblioteca

   

     Xa temos a curtametraxe do proceso de creación do mural para a biblioteca, o “making of” que tamén se di, feito pola videógrafa Sara Pisos quen nos acompañou durante todo o proceso, xunto co artista Eduardo Hermida, o equipo docente e os principais protagonistas, os alumnos de 4º de ESO de EPVA.
    Neste vídeo podemos ver o proceso de creación do mural “Ler en Ferrol” inspirado na lectura e no patrimonio da nosa cidade e tamén como os nosos alumnos coñeceron os segredos da rodaxe e disfrutaron aprendendo a traballar en equipo,

Actividades vencelladas a dous contratos-programa Innova

   

    Vimos de rematar dúas actividades vencelladas a dous contratos-programa Innova, a realización dun mural a carón da cafetería (que servirá ademais para facer un vinilo destinado á biblioteca), e unha curtametraxe do proceso do deseño e execución do mesmo. A cousa empezou antes de verán pasado, cando de tanto oir o bonitos que quedaran os armariños da sala de profes co vinilo que amplía a coñecida acuarela de Ricardo Pena, deunos por pensar en algo parecido para o “biombo” da biblioteca. Despois ocorréusenos facer primeiro un mural, e dahí unha fotomontaxe, e dahí o vinilo. E de paso, por que non documentar o proceso -se chegaba a ser- mediante unha curtametraxe do making-of (anglicismo que se traduce como “a feitura de”) de todo, eh?

   

Reunión informativa das actividades da biblioteca.

 

    Este mércores 7 de outubro celébrase unha reunión para informar das actividades que se desenvolverán na biblioteca durante este curso.

    Se queredes participar no club de lectura xuvenil, no voluntariado, no club de manga, no obradoiro de micro escritura ou no club de letras, pasádevos pola biblioteca para obter máis información.

 

Tríptico de verán 2020. Bibliotecasofia.

   

     Acaba de publicarse o tríptico de verán 2020 no que vos recomendamos lecturas para este tempo de lecer no que aparecen as suxestións de: Alumnos, Profesores (Ana Seco),  Club de Lectura Xuvenil, Club de Manga, Club de Ciencias, En galego, Letras Galegas 2020, Muller, Visitáronnos este ano, Conmemoracións.

     No propio tríptico hai un código QR no que podedes ler as reseñas de cada libro pois enlazan coa páxina "Socas recomenda" do blog da biblioteca.

A biblioteca do Sofía na prensa local

      O Diario de Ferrol recolle o papel que as bibliotecas escolares, entre as que destaca a do IES Sofía Casanova, xogan na educación actual constituíndo unha ferramenta fundamental no sistema de ensino ó proporcionar información e ideas para desenrolar destrezas de aprendizaxe fundamentais para o éxito na nosa sociedade.
Distribuir contido


by Dr. Radut