Skip to Content

Taboleiro do alumnado

Curtametraxe do proceso de creación do mural para a biblioteca

   

     Xa temos a curtametraxe do proceso de creación do mural para a biblioteca, o “making of” que tamén se di, feito pola videógrafa Sara Pisos quen nos acompañou durante todo o proceso, xunto co artista Eduardo Hermida, o equipo docente e os principais protagonistas, os alumnos de 4º de ESO de EPVA.
    Neste vídeo podemos ver o proceso de creación do mural “Ler en Ferrol” inspirado na lectura e no patrimonio da nosa cidade e tamén como os nosos alumnos coñeceron os segredos da rodaxe e disfrutaron aprendendo a traballar en equipo,

Presentación 3ª edición de Talentos Inclusivos

 

     O IES Sofía Casanova estivo presente o 4 de novembro na presentación da terceira edición de Talentos Inclusivos.

     Talentos Inclusivos é unha iniciativa promovida polo CITIC da UDC e ASPACE Coruña que permite a persoas con diversidade funcional suprimir barreiras de accesibilidade gracias a proxectos e ideas tecnolóxicas de estudantes de ESO e bacharelato.

     Nesta terceira edición participará alumnado de Tecnoloxía de 4º de ESO.

     Máis información en: Xunta de Galicia, ASPACE, Cadena Ser, El Español

Eleccións ao Consello Escolar. Sector pais e nais do alumnado. 2022

   

    De acordo coa resolución do 19 de setembro de 2022 (DOG do 30 de setembro do 2022), da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, a XUNTA ELECTORAL deste Centro, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar, SECTOR DE PAIS E NAIS DO ALUMNADO.
    Son elixibles pais e nais ou, se é o caso, os titores/as legais que formulen a súa candidatura oficial segundo o modelo que se facilitará na Secretaría do centro.
   O sorteo dos membros da mesa electoral realizarase en acto público, entre os pais/nais que non se presenten como candidatos/as, o día 14 de novembro, ás 12:10 horas.
   A campaña electoral comprenderá dende o 11 ao 22 de novembro, ambos días inclusive.
   As votacións realizaranse neste IES o día 24 de novembro, de 16:30 a 18:30 horas.
Ler máis

Ampliación da axuda para adquirir material escolar

   

    Na resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022, establécese que os beneficiarios do vale para adquirir material escolar por importe de 50€ recibirán un vale adicional de 25€.
    As familias poden recoller o vale de 25€ no centro a partir do luns día 17 de outubro.

Gañadores do III Concurso de Fotografía Matemática IES Sofía Casanova

   

         Presentamos as fotos gañadoras do concurso celebrado o curso 2021 - 2022, 
  - 1º ciclo ESO: Hugo Alonso López: O POZO ESPIRAL, e Miguel Hermida Vivero: EIXO NA AUGA.
   - 2º ciclo ESO: Rita Figueroa Fuentes: PARÁBOLA NA LUZ, e Antón Iglesias Pallarés: MIRADA CIRCULAR.
   - BACHARELATO: Jéssica Criado Guinaldo: A ESTRUTURA ESFÉRICA QUE LEVA O VENTO, e María Kim: BURATO NEGRO NUMÉRICO.
        Proximamente presentaranse as bases para participar na IV convocatoria deste concurso, así que ide observando a vosa contorna para participar con novas fotografías.

Premios de ESO ao esforzo e á superación persoal, curso 2021-2022


 
      O 11 de xullo publicouse no DOG a ORDE do 29 de xuño de 2022 pola que se convocan os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2021-2022 (código de procedemento ED311E), segundo se establece no artigo 4.4 de dita orde, o 23 de setembro remata o prazo para presentar solicitudes de participación en ditos premios.

Fondo solidario para o curso 2022/23. Publicación de listaxes provisionais.

   

    Procédese á publicación no vestíbulo do centro das listaxes provisionais do alumnado admitido e excluído nas axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23

Acreditación lingüística do alumnado LE

   

    O obxectivo principal destas probas é acreditar a competencia en lingua estranxeira do alumnado, nos niveis de competencia B1, B2 ou C1, descritos no Marco común europeo de referencia para as linguas (MCERL), segundo corresponda.

    Poderá participar alumnado que curse 4º da ESO, 1º de bacharelato e 2º de bacharelato no curso 2022/23.

    As probas que realizará o alumnado corresponderanse co nivel B1, B2 ou C1 (segundo decida o alumnado coa orientación do seu profesorado de lingua estranxeira) e terá que ser unha das probas recollidas no Anexo da Orde do 21 de xuño de 2016.

    O alumnado interesado deberá entregar na Secretaría do centro antes do 23 de setembro o compromiso de participación cuberto e asinado. Non se recolleran solicitudes por correo electrónico.

    Pódese descargar o compromiso no seguinte link: COMPROMISO DE PARTICIPACIÓN

    Pódese acceder á convovatoria no seguinte link: TEXTO DA RESOLUCIÓN DA CONVOCATORIA

 

 
Distribuir contido


by Dr. Radut