Skip to Content

Nota informativa sobre a convocatoria de folga de estudantes

   

    Con motivo da convocatoria de folga de estudantes para os días 25 e 26 de febreiro, sobre a que se celebrou unha asemblea informativa para o alumnado o luns 23 no salón de actos do centro, lembramos á comunidade educativa a regulación recollida nas Normas de Organización e Funcionamento do centro.

    A lexislación educativa que serve de referencia para as folgas estudantís nos centros de ensino secundario é a lei 8/1995 reguladora do dereito á educación.

    O artigo 8 está redactado como segue:

  "Artículo 8 Se garantiza en los centros docentes el derecho de reunión de los profesores, personal de administración y de servicios, padres de alumnos y alumnos, cuyo ejercicio se facilitará de acuerdo con la legislación vigente y teniendo en cuenta el normal desarrollo de las actividades docentes.

    A fin de estimular el ejercicio efectivo de la participación de los alumnos en los centros educativos y facilitar su derecho de reunión, los centros educativos establecerán, al elaborar sus normas de organización y funcionamiento, las condiciones en las que sus alumnos pueden ejercer este derecho. En los términos que establezcan las Administraciones educativas, las decisiones colectivas que adopten los alumnos, a partir del tercer curso de la educación secundaria obligatoria, con respecto a la asistencia a clase no tendrán la consideración de faltas de conducta ni serán objeto de sanción, cuando éstas hayan sido resultado del ejercicio del derecho de reunión y sean comunicadas previamente a la dirección del centro."

    As Normas de Organización e Funcionamento do centro establecen que:

  "1. O alumnado de primeiro e segundo cursos da ESO só poderá acollerse ao paro co consentimento expreso da familia ou persoa titora legal, debendo facer esa autorización por escrito perante o centro.

  2. A partir de terceiro curso de ESO o alumnado ten dereito de reunión e poderá adoptar decisións de inasistencia colectiva á clase. O alumnado que decida esta opción poderá quedar baixo a garda e custodia da familia ou acudir ao centro educativo; pero, de presentarse, non poderá abandonar o recinto escolar.

  3. A decisións colectivas que adopte o alumnado a partir de terceiro curso de ESO, respecto da non asistencia a clase, non terán a consideración de faltas (de conduta) ni serán obxecto de sanción cando estas sexan o resultado do exercicio do dereito de reunión e sexan comunicadas previamente á Dirección do centro.

  4. O alumnado en folga debe respectar o dereito de asistir ás aulas do centro con total normalidade daqueles alumnos ou alumnas que non secunden a convocatoria.

  5. No caso de probas programadas con antelación á convocatoria de folga, debe respectarse a súa realización. Non obstante, o alumnado pode negociar co profesorado o traslado da mesma a outra data, sempre e cando a convocatoria non se produza de improviso. En ningún caso, poderá ser autorizado un cambio en datas de probas de avaliación programadas con anterioridade pola Xefatura de Estudos. "

      O Equipo Directivo



page | by Dr. Radut