O vindeiro mércores 18 de xuño ás 17 horas culminarán os actos de celebración do 50 aniversario da creación do instituto coa celebración dun Acto Académico que contará coa escritora e investigadora Ana Romero Masiá, ex-directora do centro, quen pronunciará a lección maxistral "De Camilo a Sofía". Asistirá o Alcalde da cidade, antigo alumno, así como representantes da Consellería e invitamos a compartir esta tarde a quen, por calquera motivo, tivera unha vinculación co instituto neste medio século de existencia (antigo alumnado, profesorado e persoal non docente) |