O pasado 30 de maio os alumnos e alumnas de 2º de Bacharelato celebraron a súa titulación, recentemente acadada, así como a despedida do instituto. Nun Salón de Actos ateigado, os novos Bachareis, as súas familias e o profesorado disfrutaron de actuacións musicais, vídeos e emotivas mensaxes, e os titores e titoras entregaron as orlas da promoción. Agora que dá comezo a gran aventura do futuro dende a que foi a súa escola de vida desexámoslles moita felicidade no porvir. Ver fotografías. |