Durante a semana de entroido alumnado de 4º de ESO e de bacharelato fixo un percorrido de sete días polo sur de Grecia. Cunha paisaxe verde e azul coroada de montañas nevadas e un guía magnífico visitamos Atenas, Corinto, Nemea, Epidauro, Nauplio, Titinto, Micenas, Olimpia, Naupacto, Delfos e Osios Loukas. A viaxe foi organizada pola sección galega da Sociedade Española de Estudos Clásicos e participamos alumnado de cinco institutos galegos e da Universidade de Santiago de Compostela cun ambiente excelente.