Skip to Content

Dedicado o Laboratorio de Física a Chiqui

 


 

Palabras do director, Juan Rodríguez Silvar

Os humanos formamos a paisaxe da memoria colectiva.
Os fogares, os centros de traballo, as cidades e as aldeas son os escenario da nosa vida, pero nós formamos parte do decorado, da parte visible, cultural e emocional da nosa época.
E formamos parte involuntaria dese paisaxe mentres camiñamos por el, somos referente involuntario do colectivo ao que pertencemos, contribuímos á memoria dos demais, coma os demais modelan a nosa. Por iso é vontade deste centro promover a memoria de Chiqui dedicándolle este laboratorio de Física.
Teño para min que probablemente a el lle parecera excesivo, innecesario. Probablemente tería razón, pois vivimos na memoria dos que conviviron connosco, pervivimos o que dure a lembranza, e para iso Chiqui non precisa unha marca material.
Pero cando pasen os anos, e por este corredor pase alumnado e profesorado que non o coñeceu persoalmente, quizá alguén lles fale da persoa que era ou, mellor, do espírito co que viviu.

Palabras de Ramón Rico

Bos días. Ante todo quixera darvos a benvida en nome do Departamento de
Física e Química e agradecer a vosa presencia neste laboratorio, laboratorio
que dende hoxe quedará especialmente unido á memoria do noso
compañeiro Chiqui.
Recordaba un destes días o difícil que resulta para filósofos, científicos e
calquera outro definir con precisión que é iso ó que todos chamamos vida.
Téñense escrito libros dedicados exclusivamente a atopar esa definición.
Agora ben, aínda que non sexamos capaces de atopar unha definición
precisa, calquera de nos pode observar as súas manifestacións e ver como
transcorren distintas vidas. Dunhas case non nos enteramos. Outras
manifestan con máis intensidade a súa presenza.
Tódolos que estamos aquí tivemos o privilexio de compartir espazos e
tempos das nosas vidas con Chiqui e sabemos que a súa non foi unha vida
que resultase indiferente. Non pasou xunto a nos desapercibido.
En cada momento vimos nel unha persoa amable, xenerosa, entregada ós
seus compañeiros e alumnos.
A nosa profesión hónrase de telo entre os seus.
Por iso nos reunimos aquí, para renderlle unha homenaxe coa nosa
presenza e o noso recordo.
Del non teremos un último recordo. Os que convivimos con el
recordarémolo sempre, e recordarémolo co seu sorriso.
Algúns pensamos que estar no ceo é permanecer no recordo dos demais
como unha persoa de bondade e xenerosidade. Así, ahí, está Chiqui.
Esta ausencia, presencia das persoas queridas, foi expresada polos poetas
de moitas maneiras, e como colofón ás miñas palabras quero poñervos a
interpretación que Johnny Cash fai duns versos de Edward Weatherly.

 


 

Descarga da versión de Danny boy aquí. Para reproducir os dous ficheiros deben estar no mesmo cartafol.



page | by Dr. Radut