Skip to Content

ANPA: Convocatoria de asamblea

Ferrol, a 3 de Outubro de 2011

Estimadas /os nais- pais .- Nos presentamos como nais e pais que decidimos constituírmos nunha xestora este pasado día 28 de setembro no salón de actos deste centro escolar, despois dunha reunión convocada pola dirección deste centro, polo que agradecemos esta colaboración da dirección en aportar recursos e medios.

Estamos seguros que todas as familias coincidimos na convición de fortalecer nosos lazos de unión e solidariedade arredor de nosos fillos e fillas co obxecto de facilitarlles unha maior calidade do ensino, así como outras actividades sociais que, de seguro, serán de grande interese para todos/as. Para conseguir unha maior harmonía educativa necesitamos a implicación e esforzo de todas as familias.

Este primeiro esforzo consiste na necesidade de organizarnos como ANPA ”facéndonos SOCIOS/AS”. Somos conscientes de que os últimos acontecementos superaron con creces a necesidade de ter unha “ANPA operativa” para defender os nosos intereses. Na actualidade a verdadeira situación podemos definila como un ANPA que non ten socios/as por certo abandono e inacción, aínda que dispoñemos dos seus Estatutos vixentes e actualizados, conta bancaria con unha contía económica que informaremos na asemblea, libros diversos de actas, contas..etc.

Por todo isto, consideramos necesario CONVOCARVOS a unha xuntanza de todos/as os pais e nais que desexen participar nesta nova reorganización da ANPA da Asociación de Nais e Pais de Alumnos do I.E.S. “Sofía Casanova”.

Utilizando agora os formalismos destes Estatutos. -

Esta xunta xestora quere CONVOCARVOS para o día 11 de Outubro -ás 18,30 horas- no salón de Actos do IES Sofia Casanova, baixo o compromiso de facerme socio/a para poder elixir unha Xunta Directiva.

Orde do día Punto único

- Elección da Xunta Directiva.

-Aprobación contía das COTAS de socios/as para este curso 2011-12.

A xunta xestora.-



page | by Dr. Radut