Skip to Content

Charla informativa das educadoras da Escola Infantil "A Galiña Azul" de Fene.

O día 24 de maio, as técnicos superiores en educación infantil da escola "A Galiña Azul" de Fene, Iria Fraga e Nuria Noya, acudiron ao IES Sofía Casanova para impartir unha charla informativa aos alumnos/as do Ciclo superior de Educación Infantil.

Os principais puntos a tratar na sesión foron os seguintes:

  • Características da escola infantil:  lexislación, agrupamentos dos nenos/as, materiais didácticos das aulas...
  • Qué se fai ao longo do día na escola.
  • A relación/colaboración coas familias.
  • Perfil do educador/a infantil: aptitudes, actitudes e comportamento ético.

A Galiña Azul de Fene forma parte da Rede de escolas infantís de Galicia, localizándose tamén en Ares, Caranza, Ortigueira e Cedeira. Ofrecen un servizo público dirixido aos nenos/as de 0-3 anos cunha finalidade claramente educativa e pedagóxica de cara a axudar as crianzas ao desenvolvemento de todas as súas capacidades.

Ver fotos da charla no enlace seguinte: Charla



page | by Dr. Radut