Foto: O alumnado premiado co Conselleiro e altos cargos de Educación.
O pasado venres 4 de marzo realizouse no Salón de Presidencia o acto de entrega dos Premios Extraordinarios de Bacharelato, dos Premios Extraordinarios de FP e dos Premios Hispanoamericanos de Ortografía. Dous ex-alumnos do IES Sofía Casanova, Eva Piñeiro Varela e Federico Pedreira Nores recolleron senllas distincións de FP e Bacharelato, convertindo ao IES Sofía Casanova no único centro de Galicia con dous alumnos galardonados.