Skip to Content

IV CONCURSO “IGNACIO LÓPEZ BUENO” DE PRESENTACIÓNS INFORMÁTICAS

BASES DO CONCURSO:

PARTICIPANTES: O concurso vai dirixido aos alumnos e alumnas de ESO, BACHARELATO e CICLOS que estean matriculados no presente curso en centros de GALICIA. Cada un dos participantes deberá acompañar o seu traballo dun certificado de matrícula nalgún dos centros da nosa Comunidade Autónoma. Consistirá nunha presentación informática na que se poderán incluír fotos, vídeos, música, etc... e que xirará sobre “RECURSOS NATURAIS NO 3º MUNDO”

ENTREGA DO TRABALLO: Na Secretaría do centro IES “TERRA DE TRASANCOS” Por correo ordinario en formato CD ou DVD Por correo electrónico, poñendo como asunto: IV Concurso “Ignacio López Bueno"

ENDEREZOS: IES “TERRA DE TRASANCOS”, CAMIÑO REAL s/n C.P. : 15570 NARÓN. ies.terra.trasancos@edu.xunta.es VALORACIÓN DO TRABALLO: O rigor científico Orixinalidade da presentación e dos contidos Os aspectos tecnolóxicos e plásticos: efectos, música, animacións, ... A calidade lingüística e literaria.

DATAS DE PRESENTACIÓN E PREMIOS: Os traballos terán como data límite para a súa presentación o día 1 de Abril do 2011. Haberá dous premios divididos en dúas categorías: 1 premio para alumnos de ESO dotado con DIPLOMA e 150 EUROS en material informático, audiovisual (cds, películas, etc) ou libros. 1 premio para alumnos de Bacharelato e Ciclos dotado con DIPLOMA e 150 EUROS en material informático, audiovisual (cds, películas, etc) ou libros.

ENTREGA DE PREMIOS: O fallo do concurso darase a coñecer o día 12 de Abril do 2011 e será publicado no taboleiro do centro e na páxina web. A entrega dos premios correspondentes realizarase nun acto que se levará a cabo na Sala de Usos Múltiples do centro o día 15 de Abril do 2011 ás 12.10 da mañá XURADO: Estará constituido polos seguintes membros: A Xefa do Departamento de Plástica, o Secretario do centro e o Coordinador do Equipo de Normalización Lingüística. O fallo será inapelable, podendo quedar deserto algún dos premios se o xurado así o considera. Os traballos presentados non se devolverán e poderán ser publicados na páxina web do Instituto.



page | by Dr. Radut