Grazas aos ensaios e xenerosidade das profesoras de música e o seu alumnado, o Sofía Casanova celebrou o fin do primeiro trimestre cun espectáculo de canto a capela e danzas do mundo.
Déronlle vida aos coros e aos grupos de danzantes alumnado de 1º e 2º de Bacharelato e de 4º de ESO que fixeron dous pases, dous! para os seus compañeiros e compañeiras, co aforo do salón de actos a tope e unha participación exemplar do respetable público.
Un moi grande regalo de nadal, graciñas a todos e azos para o que nos queda de curso.
Que teñamos un ventureiro 2009!