Skip to Content

Acto de entrega de diplomas STEMBach no Campus Universitario de Esteiro de Ferrol.

   

      O martes 22 de Xuño O reitor da Universidade da Coruña fixo entrega aos Proxectos de Investigación realizados polo alumnado do IES Sofía Casanova correspondentes ao bienio 2019-2021.
            Proxectos de investigación:
“Innovación con impresoras 3D para crear produtos de apoio para persoas con diversidade funcional”. Thais Pousada García. Facultade de Cienciasda Saúde. UDC. Realizado polas alumnas: Irene Fernández Arias e Laura Caaveiro Martínez
“Desenvolvemento de novos Biomateriais para o seu uso en dispositivos médicos”(EUDI). Rebeca Bouza Padín. EUP-Campus de Ferrol. UDC. Alumnado que o realizou: Sofía Belén Pérez Quintanilla e Isai Ogando Santalla
“Explorando a Intelixencia Artificial: diagnose de pacientes con Parkinson a partir de gravacións de voz”. Andrés Piñón Pazos e Óscar Fontenla Romero. EUP-Campus de Ferrol. UDC. Realizado polo alumnado: Lucía Toval Bacelo e Brais Romalde Campos.
“Clonación dun xene humano nun vector bacteriano para producir unha proteína recombinante con valor farmaceutico ou industrial: Expresión e produción da proteína HMGB1 e Expresión e produción heteróloga da eritropoietina humana (EPO)” .Manuel Becerra Fernández, MªEster Rodríguez Belmonte e Mónica Lamas Maceiras. Facultade de Ciencias. UDC. Realizado polas alumnas Iria González Soto e Sara Penabad Garrote.
     Parabéns a todo o alumnado e moita sorte no voso futuro universitario!

    La Voz de Galicia recolleu o evento nas súas páxinas.



page | by Dr. Radut