Skip to Content

Talentos inclusivos

   

      Publicamos o vídeo que se vai presentar no acto de clausura do proxecto Talentos Inclusivos e no que participaron os alumnos, Gloria Murcia Hermida, Iago Grandal del Río, David Gutiérrez Fernández e David Parga Torrente, estudantes de 1º de bacharelato do STEMBach e de TIC I.
      Talentos inclusivos é un proxecto que pretende espertar vocacións STEM entre os mozos e dar a coñecer a realidade da discapacidade a través de equipos colaborativos de traballo para resolver retos tecnolóxicos expostos por persoas con parálise cerebral.
      Densenvólveo o CITIC (Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións) da Universidade da Coruña e ASPACE é apoiado polo Consello Social da Universidade da Coruña e promovido pola Fundación para a Ciencia e a Tecnoloxía de Ciencia ( FECYT) en colaboración con centros educativos de secundaria.



page | by Dr. Radut