Skip to Content

Instrucións sobre a entrega do boletín de cualificacións, recollida de libros e equipamento Edixgal

As notas serán publicadas por abalarMóvil o día 23/06/2020 ás 22 h.

O boletín de cualificacións entregarase no seguinte horario:

   Xoves 25  Xoves 25  Venres 26
09:00 1º ESO A 3º ESO A 1º BACH A
09:30 1º ESO B 3º ESO B 1º BACH B
10:00 1º ESO C 3º ESO C 1º BACH C
10:30 1º ESO D 3º ESO PMAR 1º BACH D
11:00 2º ESO A 4º ESO A  
11:30 2º ESO B 4º ESO B  
12:00 2º ESO C 4º ESO C  
12:30 2º ESO PMAR    

Os libros do fondo libros e o equipamento Edixgal (ordenador, maletín e cargador) entregaranse ao titor, o mesmo día do entrega das notas.

1º ESO. O alumnado entregará os libros prestados polo centro só das materias aprobadas. Se ten algunha materia suspensa e precisa o libro para estudar, entregará o libro en setembro. Non entregará o equipamento Edixgal

2º ESO. O alumnado deberá entregar os libros prestados polo centro (só das materias aprobadas) e o equipamento Edixgal (só o alumnado que aprobe todas as materias).

3º e 4º ESO. O alumnado que aprobe todas as materias entregará todos os libros do centro. Se ten algunha materia suspensa e precisa os libros para estudar, entregará todo o lote en setembro.



page | by Dr. Radut