Skip to Content

O IES Sofía Casanova volve a participar na Semana STEM

   

    
O noso centro voltou a ser seleccionado para a Semana STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas), da que tomarán parte un total de 25 alumnas e alumnos de 1º de ESO do 1 ó 7 de decembro.
     Este campamento de innovación educativa impulsado pola Xunta de Galicia ten o obxectivo de que os rapaces amplien os seus coñecementos científico-tecnolóxicos a través de estadías dunha semana de duración en réxime de internado.

  A actividade é totalmente gratuíta para as familias e desenvólvese nos Peares.

          Para máis información:

 Convocatoria para a selección de centros         Resolución



page | by Dr. Radut