Skip to Content

Anunciada a licitación do novo ximnasio

O instituto Sofía Casanova contará cun novo ximnasio

A Consellería de Educación licita a obra por un importe de 821.000 euros.
21 de febreiro de 2008

O instituto Sofía Casanova contará cun novo ximnasio, que se edificará en forma de edificio exento xunto ao centro educativo. A Consellería de Educación publicou onte no Diario Oficial de Galicia (DOG) a licitación da obra, que sae a concurso por un importante de 821.797 euros, cun período de execución máximo de doce meses. O prazo de presentación de ofertas é de 20 días.

A obra supón a demolición da ala que alberga ao ximnasio orixinal e varios departamentos, a recolocación destes dentro do edificio principal e a construcción dun edificio consistente en dous bloques exentos que albergarán ao ximnasio e as dependencias anexas.



page | by Dr. Radut