O Sofía Casanova poñerá en marcha o próximo mes de setembro un bachillerato de excelencia en ciencias e tecnología STEMbach . Este bacharelato permitirá unha conexión directa co ensino universitario, posto que o alumnado que o curse deberá desenvolver, no segundo curso, un proxecto de investigación individual ou colectivo con posterior defensa pública. Este proxecto, similar ao traballo de fin de grao, será co-dirixido por unha persoa docente pertencente a un departamento universitario ou a un centro de investigación de prestixio do Sistema Universitario de Galicia (SUG). No mes de setembro convocarase unha reunión informativa onde se explicará os criterios de admisión e a organización. |
O alumnado cursará algunha materia extracurricular semanal, de dúas ou tres horas, de afondamento relacionada co ámbito de materias STEM e cunha orientación ao traballo na mellora das competencias comunicativas e dixitais. Terá unha carga lectiva semanal de 2 ou 3 horas fóra do horario ordinario do alumnado. Esta materia será a mesma nos dous cursos coa correspondente secuenciación curricular. Así mesmo, realizará actividades complementarias de formación, organizadas polo centro en colaboración con universidades ou entidades ou organismos investigadores, ou persoas investigadoras de recoñecida competencia; como conferencias, obradoiros ou proxectos. Ao final da etapa, e tras a avaliación positiva tanto da materia de afondamento STEM extracurricular como da defensa do proxecto de investigación, o alumnado recibirá unha certificación acreditativa da dirección do centro de que realizou os estudos correspondentes a este programa.
Consellería de educación: Presentación polo Sr. Conselleiro. Videopresentación Resolución convocatoria centros
|