Skip to Content

Biblioteca

 

    A biblioteca do IES Sofía Casanova de Ferrol forma parte do Plambe dende o curso 2013/14 e vén sendo un centro de recursos perfectamente integrado no currículum dos diferentes departamentos.
    O labor da biblioteca contribúe ao desenvolvemento do Proxecto Lector do centro cunha serie de itinerarios lectores.
     A biblioteca é un recurso fundamental para posibilitar a descompensación de desigualdades sociais xa que facilita o acceso á cultura a alumnos con menos recursos.
     Conta cun espazo físico que dispon de 8 ordenadores, 42 postos de estudo, unha zona de lectura relaxada, un proxector.
     Os fondos bibliográficos (que inclúen libros, cómics, revistas, material audiovisual, mapas, etc) superan os 20000 exemplares, catalogados no programa meiga e dispostos dun xeito ordenado e atractivo para os usuarios. 
     A biblioteca permanece aberta todo o horario lectivo. O servizo de préstamo funciona nos recreos.
     Na biblioteca traballa o equipo de biblioteca formado por unha coordinadora e tres profesores máis,  ademais dun grupo de alumnos voluntarios.
   As actividades de difusión da lectura máis salientables son o Club de Lectura xuvenil, o Club de Lectura de adultos, o club manga, o obradoiro de escritura, o programa de voluntariado.
    A biblioteca mantén un blog onde se difunden as súas actividades, se comentan libros, noticias de interese xeral, celebración de efemérides...
    A biblioteca publica diferentes materiais tanto físicos (trípticos, carteis, marca páxinas...), como dixitais (sitios web).



page | by Dr. Radut