Sanxenxo do 18/03/2024 ao 22/03/2024
Durante a semana do 18 ao 22 de marzo, o alumnado austríaco participante no intercambio vixou ata Sanxenxo para disfrutar da segunda parte do intercambio.
Foron recibidos no centro cunha "romaría galega" na que había produtos típicos de galicia e un obradoiro de baile tradicional.
Degustación de produtos típicos galegos Obradoiro de Baile Tradicional
Tamén foron recibidos/as no concello de Sanxenxo polo alcalde o Sr. Telmo Martín e a concelleira de Educación a Sra. Natividad Parada.
O Sr. Telmo Martín, alcalde de Sanxenxo e Nati Parada, concelleira de educación na recepción ao grupo no concello
https://pontevedraviva.com/xeral/102717/recepcion-estudiantes-austriacos-intercambio-ies-sanxenxo/
Realizaron visitas obrigadas a cidade de Pontevedra e Santiago de Compostela e ao igual que na viaxe da Austria, tiveron a oportunidade de realizar un tramo da ruta xacobea do Pai Sarmiento que pasa polo concello de Sanxenxo. Así subimos ata o mirador de Siradella para contemplar o itsmo da Lanzada e logo costeamos de praia en praia ata a ermita de Nosa Sra. da Lanzada.
Arroupando a Valle Inclán en Pontevedra Momento da visita guiada á cidade de Pontevedra
Foto de grupo na Capital de Galicia Lectura de textos en galego-inglés e alemán
Alumnado austríaco-galego no mirador do Siradella