SEXAMOS ACTIV@S!!!

PROBAS DAFIS ALUMNADO DE 1º ESO

Durante o mes de xuño ao alumnado de primeiro curso pasámoslles as probas DAFIS para o curso.

Co boletín de notas de xuño levaron o informe para as familias.

XORNADA DE XOGOS TRADICIONAIS

O 21 de maio o alumnado de 2ºESO desprazouse camiñando dende o centro ata o campo de billarda de Nantes para participar nunha xornada de xogos tradicionais.

Tiveron ocasión de experimentar coa billarda, os bolos celtas, a chave e a petanca e incluso competir entre eles e elas....

  

CARREIRA DO SALNÉS

O día 10 de maio celebrouse no Colexio Abrente de Portonovo a Carreira do Salnés organizada polo centro educativo con participación de máis de cen alumnos e alumnas do centro.

Despois das diferentes carreiras o alumnado do centro acadou algúns postos de honra.

PARABÉNS A TODOS/AS

                                       

FASE ZONAL DE ORIENTACIÓN

O 20 de marzo tivo lugar na Illa das Esculturas a Fase provincial de orientación escolar na que participou o alumnado de 4ºESO. Non acadamos a clasificación para a seguinte fase pero o importante é a experiencia...

COMEZAMOS!!

Despois do parón promovido pola COVID 19 voltamos a retomar as actividades do PLAN DE VIDA ACTIVA E SAUDABLE no centro.

Dende fai moitos anos a organización do centro é en aulas-materia de xeito que entre sesións de clase todo o alumnado ten que desprazarse a aula correspondente, sumando metros de camiñada ao longo da mañá e das semanas.

FASE ZONAL DE CAMPO A TRAVÉS:

O día 15 de novembro de 2023 celebrouse no entrono da praia de Montalvo a Fase zonal de campo a través para alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO con participación de alumnado do centro.

  

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet