Seekirchen 06/02/2024
No planing de hoxe tivemos a mañá ocupada visitando a Cidade de Sazburgo. Comezamos ben cedo cun paseo polo "Mönchsberg" (montaña dos monxes) que levounos ata o pe da fortaleza de Sazburgo. A visita á fortalezalevounos parte do tempo da maña xa que, a instalación e moi grande e ten moito que ver.
Vistas varias dende o "Mönchsberg", a montaña dos monxes
Chegando á fortaleza de Salzburgo Primeiros pasos dentro do recinto
Despois de tempo de lecer pola cidade e aproveitar para xantar algo desplázámonos en autobús urbán ata o teleférico que nos ía a subir ao "Untersberg". En poucos metros acadamos case os 2.000 metros de altitude... as vistas impresionantes.... e o vento tamén.... Por sorte non levou a ninguén voando e chegamos todos de volta sans e salvos a Salzburgo.
Na cima do "Untersberg" Aproximación á cima