Seekirchen, 08/02/2024
Nesta xornada o alumnado gozou dun bombardeo de estímulos visuais e sensoriais que non van a esquecer en moito tempo. Desprazámonos ata a vila de Hallstat onde, ademáis de visitar o pobo, tamén poideron visitar unha das múltiples minas de sal da rexión.
Vista de Hallstat dende o mirador panorámico da mina de sal Igrexa de Hallstat e centro histórico
Despois dunha viaxe en autobús que nos levou polos principais lagos glaciares da Rexión de Salzburgo chegamos ao corazón das montañas que rodean Salzburgo e atopamos o pobo de Hallstat, famoso pola súa lagoa, o seu osario nunha construcción para aliviar a escasez de terreo no camposanto e a súa mina de sal, a máis elevada da rexión.
O grupo dende o mirador panorámico Minutos previos á entrada na mina Entrada á mina