Skip to Content

letras_galegas,

Sempre con Galicia

Data: 
Mér, 10/05/2023 - 22:47

Antonio Fraguas e a lingua materna

Antonio Fraguas e a lingua materna

Neste ano Fraguas e nesta data, cómpre non esquecer o compromiso que o autor homenaxeado no día das Letras tivo, desde novo, co galego.

Cando Antonio “o da aldea” estudaba o bacharelato no instituto de Pontevedra, con dezasete anos de idade, integrouse na por el mesmo chamada “Sociedade da Lingua”: con varios compañeiros pon en marcha este grupo que ten entre outras finalidades a defensa do galego como lingua de uso no ámbito escolar ou a elaboración dun dicionario.

Entre os papeis que de don Antonio custodia o Museo do Pobo Galego está un exemplar das Reglas efraguas preceutos da Sociedade da Lingua, velaquí algúns dos seus artigos:

Art. 2- Para pertencer a esta sociedade son condicións indispensábeis... as seguintes:

1º- Coñecer con perfección a Xeografía, Historia e Idioma rexionais.
Art. 13- Os socios deberán facer cantas investigacións científicas poidan xa referentes á Historia rexional xa a Agricultura, xa a Industria, etc.
Art. 14- Todos os integrantes desta sociedade deberán falar entre si o idioma galego...
Art. 17- Un dos fins desta asociación é a elaboración dun Dicionario ilustrado da Lingua Galega a cuxo traballo están obrigados todos os socios que teñan o orgullo e a grandeza necesarios para render a Galicia tan merecido tributo...
Os fundadores desta Sociedade desexan que a harmonía nela sexa tal que as vagas ilusións xuvenís dun día cheguen a ser realidades do mañá.

Máis tarde, e xa en Compostela, o universitario Fraguas é membro activo da Irmandade da Fala santiaguesa cuxa misión fundamental tamén era darlle visibilidade á lingua e á cultura de Galicia.

O profesor Fraguas sabía moi ben que o galego, lingua da Corte e da cortesía, fora reducida a fala proletaria e había que reivindicalo e traballar arreo a prol del.

Un Casares noso

Moitas grazas ao alumnado e profesora de Educación Plástica por agasallarnos con este Carlos Casares que é o noso Carlos Casares.

c casares

Distribuir contido


by Dr. Radut